Actualidade

"Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña"

No día de hoxe comezamos co obradoiro de nutrición e cociña: "Cociñeiras e cociñeiros: igualdade na cociña"

O que pretendemos é fomentar a comida saudable no noso alumnado e, ao mesmo tempo, que pasen un rato entretido cociñando coas nutricionistas Enma e Susana de Nutriciona.

Empezamos coas nenas e nenos de 5ºE.I, e seguiremos ata 6º E.P.. Os pequenos fixeron formas coa mazá para poder comer froita dunha maneira divertida e bombóns de chocolate e avelá, só hai que velos para ver canto disfrutaron.

        

ACTIVIDADES MES DECEMBRO

Aproveitando a idea para decorara ás portas para Nadal, fixemos fotos cos nosos amigos e amigas maiores, foi moi divertido!

 

 

Así fixemos unha árbore coas nosas fotos e os ingredientes para un Nadal exquisito

 

O último día de clase, fixemos intercambio de agasallos.

Xa estamos desexando saber que faremos neste ano!!!!!!

SAN SILVESTRE SOLIDARIO

O pasado 20 de decembro celebrouse un San Silvestre Solidario co alumnado de E. Infantil. A inscrición era a doazón de produtos infantís para o banco de alimentos.

Foi unha xornada moi divertida e na que conseguimos 199,750 kg.

MOITAS GRAZAS!!!!

ACTIVIDADES MES XANEIRO

OS DETALLES PÓDENSE CONSULTAR NO CALENDARIO DE EVENTOS.

FELICES FESTAS

Todas e todos os que formamos a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán, desexámosvos un menú de Nadal saudable con pratos cheos de amor, paz, felicidade e ledicia.

Bo Nadal!

PRESENTACIÓN COAS PORTAS ADORNADAS EN VÍDEO

 

Mercado EPB

Temos o noso mercado listo para Nadal!

anterior    posterior

"EMILIA NA ONDA"

A nosa emisora de radio xa ten nome: "Emilia na onda"


Dentro do programa "Radio na Biblio" fixemos un concurso para escoller o logo e o nome da emisora do noso cole.

Despois de moitas deliberacións, a gañadora foi Martina de 4º EP.

No día de hoxe, mércores 18, fixemos entrega do seu agasallo que recibiu acompañada cos seus compañeiros e compañeiras que a premiaron con un forte aplauso.

NORABOA MARTINA!

 

 

Distribuir contido