Tan ricamente

FROITA OU VERDURA?

Esta semana dedicámola a diferenciar entre FROITAS e VERDURAS. A froita normalmemte comémola sen cociñar, mentres que a verdura ten que ser cociñada, pero non toda. Non nos resultou moi complicado!

FROITAS DE TEMPORADA

Hai uns días algúns alumn@s de Infantil acercámonos ao mercado que teñen en Primaria para averigüar que froitas teñen de temporada.

COCIÑAMOS CON VERDURAS

Voltamos de novo, e agora cunha receita moi saborosa, un doce con verduras - GOFRES CON ESPINACAS.

Probamos por primeira vez os gofres de espinacas mesturando: ovos, leite, fariña con fermento, aceite de oliva virxe extra e espinacas crúas.

Dende logo qué verdes eran!

 

Pero estaban boísimos!

 

 que algún ata tripitiu,

 

e porque non había máis, que senón...

 

Así que pediron volver facelos outro día. Agardaremos a que nos medren os da horta.

Non deixaron nin as migas!!!

anterior

 

 

O Nadal cos froitos

Xa estamos preparados para celebrar o Nadal , e fixemos un postre navideño con forma de árbore con crema de dátiles e queixo mascarpone, decorado ao propio gusto con arándanos, grosellas e frambuesas, o tronco é un pauciño salgado.

 

O bonito que nos quedou........e o rico que estaba!!!!

anterior    posterior

Facemos froitos

Seguimos a voltas cos froitos e agora toca facelos: con area na mesa de luz, dibuxándoos, con plastilina, plasmándoos con pintura.

 

Facemos froitos con area, para que os compañeiros adiviñen. Preme na imaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

anterior   posterior

Celebramos os cumples do 1° trimestre!

Temos unha novidade! Mirade que tarta de froita tan bonita e tan apetitosa tivemos hoxe para celebrar os cumples deste trimestre! 

Saudable e riquísima!

anterior    posterior

Experimentos con froitas

Estamos facendo experimentos con alimentos no cole, moitos deles con froita. O primeiro que fixemos é un volcán nunha mazá. Cando mezclamos levadura von vinagre a reacción é semellante a dun volcán. 

Outro experimento foi a oxidación, vimos como nun día se oxidaban un plátano e unha mazá. Probamos a bañar con zume de limón dúas metades, a mazá non se oxidou, pero o plátano si. Velaquí a diferencia de onte a hoxe.

anterior    posterior

 

Investigamos sobre os Kiwis

Hoxe fixemos unha actividade moi interesante relacionada coa froita: a nosa compañeira Leire, da clase de 5 anos, explicounos de onde veñen os kiwis e como se recolectan. Trouxo unhas fotos moi chulas dos seus kiwis, e tamén uns cuantos para probar.

Como presentaban distintos grados de maduración, fixemos unha cata a cegas na que tiñamos que adeviñar se o kiwi estaba maduro, verde ou no momento xusto para comer.

A maoiría atrevímonos a probalos e case todos acertamos! Temos un pico fino fino!

anterior    posterior

Recursos para traballar a alimentación saudable