Para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero, na nosa aula escoitamos o conto "Ni un besito a la fuerza". Aprendemos que hai moitos besos, uns agradables e outros menos, e moitas formas de dalos.... pero sempre se nós queremos e se non é así: DIREMOS NON.
Tamén fixemos un "círculo de enerxía" mentres soaba "La puerta violeta" de Rozalén, para enviar a nosa enerxía positiva a quen o necesite.
O Entroido no presente curso foi coa temática de cadros e pintores famosos aproveitando que o Museo do Prado celebra o bicentenario da súa fundación.
Na galería podedes ver o noso traballo.
No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega dun trofeo ao gañador do Torneo de Xadrez do actual curso escolar. O alumno galardonado foi BELETE MEDRANO ALLEGUE (5ºA). Fíxolle entrega do trofeo o profesor de xadrez Pedro de Uña Álvarez.
![]() |
![]() |
Cartel anunciador | Fotografía de actores e actrices cos seus profesores o día da estrea |
Parabéns para os actores e as actrices que na tarde de hoxe presentaron a súa obra "TRASNOS E ZAPATEIROS" no Certame de Teatro Candilejas Don Bosco 2017. Tódolos asistentes desfrutamos dunha excelente estrea tras un longo camiño iniciado a principios do actual curso escolar. Os diálogos fixeron rir aos asistentes e as palmas non deixaron de batir ao finalizar a obra. Excelente traballo do noso alumnado de 2º e 3º cursos de educación primaria.
Como este curso escolar temos unha nova asigantura en 4º e 6º de educación primaria que é o baile, estanse a desenvolver no colexio diferentes propostas que teñen que ver moito con el. Por este motivo o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares decidiu adicar o Entroido a diferentes bailes de España.
O venres día 24 de febreiro celebramos o noso entroido. Grazas ao traballo de todos e todas: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente puidemos desfrutar dos desfiles cheos de colorido e diversión.
No seguinte enlace podemos ver as imaxes desta celebración: ENTROIDO DANZARÍN
VÍDEOS DO ENTROIDO | |
Educación Infantil | O Chotis madrileño |
Primeiro Ciclo | Flamenco de Andalucía |
Segundo Ciclo | Sardana de Cataluña |
Terceiro Ciclo | Muiñeira de Galicia |
Cantareiras Emilia | Profes Cantareiras |
Bailes |
|
![]() |
![]() |
O venres día 17 de febreiro unha representación do alumnado do colexio asistiu á entrega do Cheque Solidario 2017 a un representante da Cociña Económica da Coruña. Os asistentes tiveron a oportunidade de escoitar a Pablo, traballador social da entidade que proxectou un video explicativo do labor que ven desenvolvendo a Cociña Económica da Coruña ao longo dos 135 anos de existencia. O alumnado presente amosou moito interese sobre a historia pasada e presente desta institución e fixo múltiples preguntas a Pablo.
No actual curso escolar o Rastrillo da Solidariedade cumpríu 19 anos. A colaboración de toda a comunidade educativa permitiu recadar a cantidade de:
2.627,20 €
Para finalizar o acto, unha alumna de 6º curso e un alumno de 1º de educación primaria fixeron entrega simbólica do cheque solidario a Pablo.
![]() |
Como todos os anos, o 30 de Xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este curso o EACE elexiu unha fermosa poesía de Antonio García Teijeiro titulada "Construir a Paz" e cada nivel de Educación Primaria traballou unha estrofa.
O alumnado de Educación Infantil debuxou as siluetas das suas mans en diferentes cores para formar un belo arco da vella no mural da entrada do seu edificio.
Todo o colexio xuntámonos nas pistas de baloncesto e varios alumnos e alumnas de Primaria leron a poesía.
|
|
|
|
En tanto, unha pequena representación do alumnado de Educación Infantil portaba unha pancarta cunha gran pomba da paz debuxada.
Cantamos e bailamos a canción "Baile da Paz" de Mamá Cabra. Foi moi entrañable ver todo o colexio bailando xuntos!