Skip to Content

blogue dem.auroracandal

Memoria 2ª Fase

Memoria

Infografía

ATA SEMPRE!

No mes de xuño sempre se escoita a canción de fin de curso, a risada inesperada e o alboroto da aula coas clases rematadas.

O mes de xuño cheira a calor no patio, a manciñas suadas e a presas polo corredor.

O mes de xuño sabe a auga fresca da fonte, á mazá da última hora e a aperta de despedida.

Pero este fin de curso será diferente!

Votaremos en falta os ensaios, a calor das gardas de patio e as gotas de suor das horas de baile.

Dirémonos adeus coa man, cos ollos e un sorriso.

Despedirémonos coa pena da distancia pero coa certeza de que volveremos axiña e máis fortes.

Pero non podemos quedar sen fin de curso, así que preme na nosa orla e desfruta.

 

 

ATA SEMPRE!!!

Moitas grazas a Sara Domínguez (mamá de Adri) pola orla e a Armando Herrero polo vídeo.

 

O amigo pequeno

Cando nos gusta tanto ser amigos e amigas non hai quen poida con nos!!!!

Por iso, e ainda que estamos cada un na súa casa, fixemos este vídeo todo xuntos, os maiores dedicamos un conto ao pequenos e os pequenos, fixeron uns arcos da vella preciosos.

Esperamos que vos guste e disfrutedes coma nós.

 

 

Entroido 2020

Este ano e como ven sendo habitual, seguimos a temática do proxecto que se está a facer no centro: comida sa e saudable

Fomos todos con disfraces relacionados coa comida, os pequenos fomos de froitas e os nosos amigos maiores, de camareiros e camareiras

E, por primeira vez, fixemos un percorrido por fora do centro, como cando facemos a volta al cole, foi moi divertido e había moita xente pola rúa animándonos. 

Logo no cole bailamos un pouco e logo degustamos os doces típicos deste tempo.

Contacontos

O profe de prácticas que estivo cos nosos amigos maiores regaloulles un libro moi bonito: La preocupación de Lucía.

Un llibro moi chulo que fala dunha nena, Lucía, que sempre estaba contenta ata que descubriu unha preocupación e a importancia que ten compartila cos demais para poder desfacerse dela.

Os amigos maiores fixeronnos un contacontos e nos convidamos aos compañeiros e compañeiras de nivel.

Foi moi bonito e entretido!

Grazas!!!!

Día da paz 2020

Para conmemorar o día da Paz, este ano sumámonos á convocatoria do CEIP Raquel Camacho e fixemos unha cadea humana no Paseo Marítimo baixo o lema "Xuntos pola paz e a diversidade"

No noso centro baixamos ata o Millenium acompañados do "noso amigo maior".

Máis tarde, cando regresamos ao Centro, fixemos unha figura que representa a paz, sempre acompañados dos maiores e cantamos : "Vivan as mans de cores" do grupo Happening e unha adaptación ao galego de "Imagine" de John Lenon

ACTIVIDADES MES DECEMBRO

Aproveitando a idea para decorara ás portas para Nadal, fixemos fotos cos nosos amigos e amigas maiores, foi moi divertido!

 

 

Así fixemos unha árbore coas nosas fotos e os ingredientes para un Nadal exquisito

 

O último día de clase, fixemos intercambio de agasallos.

Xa estamos desexando saber que faremos neste ano!!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut