EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

Preparando o Nadal

O Nadal xa está aquí, vai ser un Nadal diferente pero non imos perder a ilusión destas datas.

Por iso, o pasado xoves 3 visitounos un Elfo, estivo no cole de E. Infantil, tivo moito traballo porque foi por cada clase e claro, o primeiro que fixo foi recordar todo o que hai que facer para que sexa un Nadal seguro.

Logo contounos o conto de Martiño no que estivemos moi atentos.

Por certo, se queres saber como se chama, preme na seguinte imaxe

 

 

 

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

20 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 

Traballo feito polo alumnado de Educación Infantil do noso cole (preme na imaxe para velo)

ESTE É O NOSO COLE!

Agora chegaron as vacacións, imos descansar para volver con moitas ganas en setembro.

Estamos desexando coñecer aos peques novos e que veñades a pasalo moi ben connosco.

Mentres, deixámosvos esta pequena presentación para que poidades ir coñecendo o que será o voso cole.

 

 

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN Equipo E. Infantil

FELIZ VERÁN E BOAS VACACIÓNS!!!

Hoxe tócanos despedir o proxecto un curso máis. Foi un curso atípico e tamén complicado para tod@s, porén soubemos como sacarlle partido dende a casa grazas ás ferramentas informáticas.

Antes de acabar gustaríanos darvos as grazas a vós, ás familias, por participar e colaborar en todo o que vos propoñemos sempre, desta maneira é moito máis agradable e motivador para tod@s.

Hoxe ímosvos deixar unhas ideas de actividades moi chulas que crearon @s nos@s compañeir@s de "Aulas Galegas", que levan facendo un traballo incrible desde que deixamos de ir o cole.

Neste link, https://aulasgalegas.org/sabes-o-nome-das-froitas/, podedes acceder a unha sección de actividades para practicar o nome das froitas.

Neste outro link, https://aulasgalegas.org/espetada-de-froitas/, tendes unha receita con froita moi apetecible, animádevos a probala!

E para rematar, GRAZAS aos nosos alumnos/as, ás familias e a todas as mestras que participamos neste proxecto tan enriquecedor!

NON ESQUEZADES COMER MOITA FROITA, XA SABEDES TODAS A COUSAS BOAS QUE NOS APORTAN!

VOLVEREMOS O VINDEIRO CURSO CARGAD@S DE ENERXÍA E IDEAS NOVAS!!!!

FELIZ VERÁN!!! 

O amigo pequeno

Cando nos gusta tanto ser amigos e amigas non hai quen poida con nos!!!!

Por iso, e ainda que estamos cada un na súa casa, fixemos este vídeo todo xuntos, os maiores dedicamos un conto ao pequenos e os pequenos, fixeron uns arcos da vella preciosos.

Esperamos que vos guste e disfrutedes coma nós.

 

 

RECEITAS CON SANDÍA

Hoxe traémosvos unhas ideas para comer sandía. Ás veces limitámonos a comer a froita tal como ben, pero tendo tempo e querendo consumir máis sen aburrirnos podemos tomar nota das seguintes ideas, que por outra banda, pódense aplicar a outras moitas froitas.

Esperamos que vos gusten!!! 

anterior     posterior

UN POUCO DE DEPORTE

Os organizadores do Plan Proxecta da Xunta de Galicia envíannos esta proposta para quen queira seguila. Son unha serie de vídeos semanais para facer algo de actividade física mentres vivimos esta situación. Está máis enfocado a alumnos de Primaria, pero vendo os vídeos vemos que é moi sinxelo adaptalas aos máis pequenos.

A continuación podedes ler a mensaxe e ver o link onde están as actividades:

A/A centros participantes nos programas Aliméntate ben e PDC

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de educación primaria a a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.

É fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.

Podedes atopar máis información sobre esta iniciativa na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

Esperamos que vos sirva de axuda! Moito ánimo!

VÉMONOS PRONTO!!!

 

anterior      posterior

XOGOS PARA ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

A continuación deixámosvos o link onde podedes atopar actividades como as seguintes:

 

Estas actividades son de Nestlē: https://www.nutriplatonestle.es/nutrinanny/juegos-para-ninos.html?utm_source=BdD&utm_medium=email&utm_content=D2_CTA_NuevasActividades&utm_campaign=Nutriplato_NewPlan_Abril_2004

anterior      posterior

Distribuir contido