Skip to Content

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

Deixamos información de interese para as familias e no enlace, circular de inicio de curso.

 

Reunións coas familias

 

Estas son as datas das reunións co titor ou titora de cada curso. Serán na propia aula e comezarán ás 16:00 horas, non esquezas o día.

Entrega de material

Reunión familias 4º E. Infantil

 

O vindeiro martes días 5 ás 16:30 teremos a reunión inicial para as familias do alumnado de 4º E. Infantil (3 anos), nela coñecerán ás súas titoras e os temas relacionados co cole.

FESTA DE BENVIDA

BENVIDA de Aurora Candal

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

O Consello Escolar ven de aprobar o calendario escolar para o presente curso 2023-2024 coa solicitude dos seguintes días non lectivos que quedan pendentes de ser aprobados pola Xefatura Territorial:

  • 13 de outubro de 2023.
  • 20 de maio de 2024.

CALENDARIO:

PROXECTO EDIXGAL. Información para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal. Para poder levar os equipos á casa previamente deberá ser entregado cuberto e asinado o documento de cesión dos mesmos que será entregado no centro.

Podedes consultar toda a información para as familias na seguinte ligazón https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

No folleto informativo atoparán entre outras cousas información sobre o equipamento que recibe o alumnado, a resolución de problemas a través do soporte premium, o seguro que oferta a consellería...

COMO CONTACTAR CO SERVIZO PREMIUM

  •  TELÉFONO 881 86 99 00
  • Whatsapp (sen chamadas)

 604 06 78 56

  •   @Serviciopremiumedixgal

SEGURO ANUAL

881 505 136

Folleto informativo familias

SOPORTE PREMIUM

 

 

 

Estamos de volta

Xa estamos de volta a partir de hoxe no horario habitual: 9:00- 14:00

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

  • Desde o luns 10 de xullo xa se poden consultar as listaxes "DEFINITIVAS" de adxudicación dos libros de texto do fondo solidario de 3º e 4º de primaria no taboleiro de anuncios do centro e a través da aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros. (A Lei de Protección de Datos non permite dar información por teléfono).
  • O centro estará aberto ata o día 19 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
  • Os libros entregaranse cando empecen as clases.

 A partir do martes 4 de xullo estarán dispoñibles os vales de material escolar e dos libros de 1º e 2º de primaria. Poden recollerse na secretaría do centro de 10 a 13 horas ata o día 19 de xullo.

Coro das emocións 2022/2023

En xuño, a comunidade educativa do colexio puido desfrutar dunha xornada de convivencia co alumnado de 5º e 6º EP, que participou no Coro das emocións durante este curso. Resumimos neste vídeo un concerto cheo de emocións no que se mostrou todo o traballo realizado durante o ano.
A emocionarse coa música!

Distribuir contido


by Dr. Radut