Educación Física

ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA EDUCACIÓN FISICA


 

Novas propostas de traballo para facer na casa: 

FASE FINAL TORNEO DE BRILÉ

TORNEO

DE

BRILÉ

TORNEO

DE

BRILÉ


  1º SALCHIPAPA - 6ºA  
                                
2º COLACAO - 6ºB 3º LAKERS - 6ºC 4º LA TRIBU PERDIDA - 6ºB

Co desexo de ofrecerlle ao alumnado de 6º curso de educación primaria máis actividade física, organizamos durante o primeiro trimestre do actual curso escolar 2016-2017, un Torneo de Brilé. Os partidos xogáronse os martes e os xoves no Polideportivo Municipal de Los Rosales durante os recreos. Participaron preto de 70 alumnos/as agrupados en 8 equipos mixtos de 8 xogadores/as. En cada xornada enfrontáronse entre sí 6 equipos e descansaron 3. Ao finalizar a fase regular os catro primeiros clasificados participaron na fase final que resultou moi emocionante polo apretados que resultaron os marcadores.

GALERÍA DE IMAXES

XORNADAS ENKI 2015 DEPORTE ADAPTADO

            

Os obxectivos destas Xornadas ENKI 2015 son visibilizar e practicar deportes adaptados e mostrar consciencia ante a discapacidade, así como recoñecer, desde as experiencias de deportistas adaptados, os logros conseguidos e as dificultades que tiveron que superar. Esta actividade conta coa colaboración da Obra Social "La Caixa", dentro do seu programa de iniciativas para contribuír ao progreso das persoas e a sociedade, con especial incidencia na inclusión e o ámbito educativo.

A actividade está deseñada para nenos e nenas de 6º curso de educación primaria nunha xornada dividida en tres fases diferentes: presentación, actividades deportivas e historias de superación. Tras unha explicación sobre a diversidade funcional e como o deporte pode servir como medio de integración, os escolares realizaron un exercicio denominado "Ponte no seu lugar", deseñado para que os menores empaticen coas persoas con diversidade funcional a través do xogo. Trátase de que, a través de actividades deportivas e diferentes circuítos, poidan comprobar por si mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio, en rotacións duns 20 minutos cada unha polas diferentes probas: circuíto en cadeira de rodas, percorrido con bastóns e antefaces con pavimento táctil e demostración de deporte adaptado: handbike, cadeira de atletismo, baloncesto e fútbol a cegas...

Ver imaxes da actividade no Polideportivo de Los Rosales

 

 

 

 

 

XOGOS TRADICIONAIS

Chega o momento dos Xogos Tradicionais na escola.

Os nenos de 1º e 2º comezaron a semán pasada a coñecer algúns dos xogos aos que xogaban ós seus pais e avós.

Que divertido!

Lembrades?

  • Trompos
  • Canicas
  • Corda
  • Goma
  • Zancos
  • Mariola
  • Petanca

Podedes traer todos aqueles que queirades para dalos a coñecer.

Animádevos a participar!

 

VOLTA CICLISTA 2014

O día 10 de setembro varios nenos e nenas participaron na Volta Ciclista Junior, da Volta Ciclista a España. Todos estaban emocionados e de feito aqui están as súas caras. 

       

Fixeron unha carreira por niveis, e do noso centro resultaron gañadores Alicia e Lucas de 6ºB.

 

 

 

 

 

 Noraboa a todos os participantes.

SOLIDARIDADE

      Estes días estamos a celebrar o Día da Paz, lembramos todos eses valores que moitas veces esquecemos en momentos de enfado, no xogo, nos deportes...

      Este grupo de nenos dannos unha lección de solidaridade...

 

 

 

 

IMC

COMO CALCULAR O INDICE DE MASA CORPORAL:

 

IMC = MASA(KG)/ TALLA (AO CADRADO)

Segundo a OMS os rangos do IMC son os seguintes:

  • menos de 16,5: motivo de ingreso hospitalario
  • de 16,5  a  18,5: infrapeso
  • de 18,5-20,5: baixo peso
  • de 20,5  a  25 obesidade tipo,5:  peso normal
  • de 25,5  a  30: obesidade tipo 1
  • de 30  a  40: obesidade premórbida
  • mais de 40: obesidade mórbida

 

 


HOCKEY NO COLE

 

    Estes días andamos a aprender un pouquiño de hockey xa que tivemos a sorte de contar cun xogador chamado Pablo. Contounos bastantes cousas:

  • Diferencias que hai entre as varias modalidades que hai de hockey

  • Características do hockey herba e sá

  • Tipos de sticks

  • Un pouquiño de historia


 Xa sabemos que temos hockey sobre patíns, xeo, herba e sá. Pablo é xogador de hockey sá polo que nos contou cousiñas deste tipo de hockey:

 O hockey é un deporte practicado en equipo. A sua finalidade principal é la de levar co  stick unha pelota ata a portería contraria para introducila nela o maior  número de veces posible.


 Parece ser que esta modalidade  empezouse  a practicar en Persia. No s.XIX instalouse en Inglaterra e pasou as  colonias, das cales a India  e Pakistán foron potencias.

En 1928 fundouse a Fédération Internationale de Hockey con sede en París.

É un deporte olímpico dende 1908 (para os homes) e 1980 (para as mulleres).

No estado español comenzouse oficialmente en 1922. Os principales equipos atópanse en Barcelona e Terrassa.

 

 Os sticks desta modalidade son máis redondiños na punta e son de distintos tamaños según a estatura do xogador/a.

 Ensinounos algunhas das proteccións que levan: luvas, espinilleiras.


 Outra das cousas que nos contou, é que cando facía moito frío ían xogar ao interior, de ahi ven o hockey sá.

 

 Sexamos diestros ou zurdos a posición da man no stick debe ser sempre a esquerda arriba.

 

 Quedounos moi claro que tanto a pelota como o stick non deben levantarse do chan.

 

 Estas son algunhas das mostras:

 

 O mellor de todo é que Pablo vai a estar con nos os martes e mércores pola tarde no pavillón.

 

 Animádevos a xogar!!!!!!!!!!!!

 

 Se queres máis información vai a páxina do Athletic Coruña Hockey Club.

 


 



Distribuir contido