Educación Musical

Concerto Góspel

O luns día dez, organizado polo profesorado de música do colexio, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu a un pequeno concerto de góspel, onde disfrutaron dunha mostra de cancións e explicáronlles onde naceu esta música.

Ahí vai unha pequna mostra.

Proxecto Intercultural con Louisiana II

PROXECTO INTERCULTURAL CON LOUISIANA II

Durante o curso 2017-2018 seguirase a levar a cabo un proxecto de intercambio cultural cunha escola do estado de Louisiana, en Estados Unidos.

Este ano, a escola coa que se realiza o proxecto é a Summerfield Elementary School de Shreveport, cidade situada no norte de estado.

O alumnado participante é aquel que cursa terceiro de Primaria, desenvolvéndose o proxecto dentro das áreas de:

  • Educación Musical, a cargo da mestra Mª Nieves Villar Garrote, por parte do Ceip Emilia Pardo Bazán.
  • Español como Segunda Lingua, a cargo da mestra Mª Beatriz Armada Manrique, no caso de Summerfield Elementary School.

COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DAS DÚAS ESCOLAS:

 Continuamos cun xogo de mans que nos enviou o alumnado de Summerfield Elementary School e que aprendimos na clase para poñelo en práctica. O seu nome é  LEMONADE:

 

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

HOMENAXE A NELSON MANDELA

O 11 de xuño de 1988 tivo lugar, no mítico estadio londinense de Wembley, unha merecida homenaxe a Nelson Mandela polo seu 70 cumpreanos. Mandela é un símbolo mundial na defensa dos dereitos e valores humanos. Unha serie de músicos renderon un emotivo recordo a este home que estivo preso tantos anos pola defensa dos dereitos e valores das persoas e das súas ideas na loita "apartheid".

Nelson Mandela, avogado, político e pacifista, foi o primeiro presidente sudafricano elexido democraticamente. Foi lider do Congreso Nacional Africano, promovendo a aprobación da Carta da Liberdade, chamando por un estado multirracial, igualitario e democrático. En 1962 foi recluido a perpetuidade por defender as súas ideas, sendo liberado en 1990 convertíndose así nun símbolo mundial na loita dos dereitos humanos.

Estas son algunhas das súas reflexións.

"Todo parece imposible ata que se fai"

"Unha boa cabeza e un bo corazón son sempre unha combinación formidable"

"O exercicio é clave para a saúde física e da mente"

"Unha nación non debe xulgarse por cómo trata os seus cidadáns con mellor posición, senón por cómo trata os que teñen pouco ou nada. "

Dire Straits, Eric Clapton ou Elton John, músicos de talla mundial, entre outros, puxeron a música o servicio do pobo e dos valores básicos de ese ser tan contradictorio chamado home.

 

                                                                   

 "A educación é o gran motor do desarrollo persoal. E a través da educación que a filla dun campesiño pode converterse en médico, que o fillo dun mineiro pode convertirse en xefe da mina, que un neno dos traballadores agrícolas poden chegar a ser o presidente dunha gran nación"

"A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse sempre."

"O meu ideal máis querido é o de unha socidade libre e democrática na que todos podamos vivir en harmonía e con iguais posibilidades."

Distribuir contido