Skip to Content

REMATADA A EMISIÓN DO PROGRAMA "ONDA TI" DA NOSA RADIO EMILIA NA ONDA

Moitísimas grazas a Diego e a Manuel e ao resto de colaboradores por facernos levadeira a etapa de confinamento e darnos a posibilidade de achegarnos ao resto da comunidade educativa a través da radio en directo. Máis información na web da nosa biblioteca: https://bibliotecaepb.blogspot.com/

Todos os programas emitidos no seguinte enderezo: 

https://www.spreaker.com/show/biblioteca-epbs-ondati

     

ACTIVIDADES XENÉRICAS RECOMENDADAS POR NIVEIS

Seguindo as instruccións da Consellería de educación na presente páxina web poderedes acceder ás actividades recomendadas para que o alumnado continúe co seu proceso educativo na casa. Podedes acceder ás mesmas premendo en cada curso. Lembramos que o alumnado de 5º e 6º curso de primaria deberán acceder á través da axenda en E-DIXGAL

 Podedes contactar co centro do xeito habitual a través do noso correo electrónico ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.gal ou do teléfono: 981276781

  

 

RECURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

 
   PRIMARIA  
 EDUCACIÓN FÍSICA

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

O amigo pequeno

Cando nos gusta tanto ser amigos e amigas non hai quen poida con nos!!!!

Por iso, e ainda que estamos cada un na súa casa, fixemos este vídeo todo xuntos, os maiores dedicamos un conto ao pequenos e os pequenos, fixeron uns arcos da vella preciosos.

Esperamos que vos guste e disfrutedes coma nós.

 

 

REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

 

O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.

A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)

  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

Rematado o prazo de entrega de solicitudes para o proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021, NON É NECESARIO PRESENTAR DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA EN NINGÚN NIVEL. O número de solicitudes é inferior ao de prazas ofertadas.

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.

Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade co resto de persoas que se atopen no recinto.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 981276781 ou o correo electrónico: ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.gal

"Días non lectivos"

Os días non lectivos escollidos polo centro e autorizados pola inspección nos que non haberá clase son:

  • 20 de marzo (venres).
  • 4 de maio (luns).

MANUAIS DE ACCESO E PRIMEIROS PASOS NA AULA VIRTUAL DO CENTRO PARA O PROFESORADO

 MANUAIS PARA O PROFESORADO SOBRE O FUNCIONAMENTO DA AULA VIRTUAL
 

LETRAS GALEGAS 2020 RICARDO CARVALHO CALERO

DIARIO DO CONFINAMENTO

Xa levamos moito tempo na casa, eso quere dicir que xa nos falta menos. Seguro que neste tempo pasaron moitas cousa interesantes nas vosas casas: caeume un dente, o meu irmaciño comezou a andar, papá deixou barba... Se queredes podedes mandar ao correo do cole un vídeo que nos conte o que están sendo estes días, co asunto: diario do confinamento, e o publicaremos na web do cole. Moitas grazas e... vémonos pronto! Acceso ao resto de vídeos nesta GALERÍA

O vídeo precursor:

  • Seguinte entrega con moita arte. O pai de Jairo compuxo esta canción adicada aos heroes de verdade os que loitan contra o inimigo común, os que loitan para que non nos falte de nada e os que quedamos na casa para axudarlles.

Día Internacional do Libro e o Dereito de Autor: lemos O Principiño

Para celebrar o día do libro este ano a biblioteca escolar do noso centro fixo un enorme esforzo de recompilar os fragmentos da lectura multilingüe do famoso libro "O PRINCIPIÑO". Grazas a todos os colaboradores. Podedes ver o vídeo e toda a información na web da nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut