ENKI

Este ano acudiremos á carreira ENKI da man do noso ANPA, que será presencial o 23 de outubro.

Animádevos a participar!!!!

Bárbara Veiga

Da man do Festival Mar de Mares que se celebra na nosa cidade, o alumnado de 6º, tivemos a oportunidade de conversar con Bárbara Veiga, fotógrafa, documentarista, periodista, activista e esctitora. 

Estivo en organizacións como Greenpeace, cofundadora da "Liga das Mulheres Pelo Oceano" viaxou por 85 países vivindo grandes experiencias e aventuras coa finalidade de preservar o mar- o océano e as súas especies.

Foi unha charla moi entretida que rematou cunha carta ao océano que lle entregamos a Bárbara.

PROXECTO EDIXGAL. Información para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal. Para poder levar os equipos á casa previamente deberá ser entregado cuberto e asinado o documento de cesión dos mesmos que será entregado no centro.

Podedes consultar toda a información para as familias na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

No folleto informativo atoparán entre outras cousas información sobre o equipamento que recibe o alumnado, a resolución de problemas a través do soporte premium, o seguro que oferta a consellería...

 

  •  TELÉFONO:   881 86 99 00
  • Whatsapp (sen chamadas)

 604 06 78 56

  • CONTRATACIÓN SEGURO ANUAL

881 505 136

Folleto informativo familias 2021-2022 SOPORTE PREMIUM

 

 

 

DOCUMENTO INICIO DE CURSO 2021- 2022

Comenzamos o novo curso escolar 2021-2022 e xa temos preparado o decumento de inicio de curso con información importante que podedes consultar no seguinte cartafol. *Corrección de erros: o período de adaptación do alumnado de 4°E. Infantil será ata o 21 de setembro, cada titora informará detalladamente ao seu grupo.

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2021-2022

PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER AO CALENDARIO

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS

DESDE O 14 DE XULLO ESTÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2021-2022. PODERÁN CONSULTALAS ATA O DÍA 20 DE XULLO, DÍA NO QUE PECHA O CENTRO, EN HORARIO DE 10 A 13 HORAS.

 OS LIBROS ENTREGARANSE AO ALUMNADO BENEFICIARIO CANDO COMENCEN AS CLASES NO MES DE SETEMBRO.

FONDO LIBROS 2021-2022

A partir de hoxe están expostas no taboleiro de anuncios do colexio as listaxes provisionais de fondo libros para 3º e 4º de primaria. Contra estas listaxes poderán reclamar ata o día 11 de xullo. A partir do día 14 sairán publicadas as adxudicacións defintiivas do fondo.

Os vales das axudas de material poderán recollelos na secretaría do centro a partir do luns 5 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas ata o 21 de xullo, data na que pechará o centro.

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-22

Listaxes de material escolar para cada curso

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

Distribuir contido