Skip to Content

Educación Primaria

VISITA Á HORTA DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

Co fin de mellorar a horta do noso centro, decidimos visitar o Ceip de San Pedro de Visma que sabemos que realizan moitas actividades e moi variadas relacionadas co tema da horta.

Chamounos moito a atencion o acolchado que teñen en varias zonas do xardín feito con cascas de froitos secos que aportan os nenos (cascas de castañas, pipas, avelás,noces, pistachos...). Isto úsase para evitar que saian herbas e, ao mesmo tempo, é abono.

 

Vimos que aproveitan todos os espazos ao aire libre tanto para actividades da horta, de lecer e tamén de coidado de animais. Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que traballan no Ceip de San Pedro de Visma.

Desta visita levamos moitas ideas para o noso centro, para a nosa "escola verde", xa vos iremos amosando os resultados pronto por aquí.

 

O XARDÍN DE OBDULIA

Non noso barrio, Os Rosales, había moitos espazos verdes que quedaran paisaxisticamente deteriorados. Un destes espazos foi reconvertido a xardin por unha veciña, Obdulia. Todo comezou con materiais de obra que alí quedaran da construción de edificios e continuou con pedras e todo o que foi atopando, plantas e outros materiais de refugallo que aportou xente do barrio, moitos deles pais e avós dos alumnos do noso centro. 

Así foi construíndo un lugar onde a xente contempla, interacciona con esta muller e lle sigue aportando distintos materiais para que ela continúe día a día con este proxecto no que todo o vencindario colabora e coida.

 

LIBROS SOBRE CONTAMINACIÓN

Na biblioteca do noso colexio hai moitos libros sobre contaminación e medio ambiente. Despois de consultalos, velos e lelos vimos que un dos contaminantes máis agresivos e duradeiros é o plástico, debemos reducir o seu uso drasticamente: reutilizándoo, evitando envases dese material, recliclándoo, etc.

Pronto vos daremos ideas máis concretas para reducir o seu uso, porémolas en práctica nas nosas casas e no colexio tamén!

A continuación deixámosvos algúns destes libros que limos:

PLANTAS QUE PURIFICAN O AIRE

Investigamos sobre plantas que purifican o aire e que son recomendabls para ter no interior, como por exemplo nas nosas casas: 

Ou nas nosas aulas!

Collimos esgallos de plantas que xa tiñamos no colexio, as máis recomendables para interior, e puxémolas nuns botes de auga ata que lles saiu a raíz e, despois, plantámolas para ter nas clases:

 

COLLEITA DE TOMATES

Ao longo do trimestre visitamos a nosa horta para colleitar o que sementamos o curso pasado, desta volta collimos tomates.

Os/as alumnos/as de Educación Infantil tamén colleron máis produtos, atentos ás seguintes publicacións para velos!

CHOIVA DE IDEAS

Antes de comezar o proxecto fixemos unha "choiva de ideas" sobre o que podemos e deberiamos facer para reducir o noso impacto no medio ambiente.

Velaquí vos deixamos algunhas das achegas que seleccionamos:

ESCOLA VERDE (PLAN PROXECTA)

O CEIP Emilia Pardo Bazán adoita participar en proxectos de diferentes temáticas do Plan Proxecta, e este ano propuxémonos un de ESCOLA VERDE. E fomos seleccionados con 9 centros máis de Galicia, para participar no curso 2021/22.

Puxémonos man á obra, para comezar escollendo un logo para representar na páxina web do colexio, o noso proxecto. Foi elixido entre moitos feitos polos alumnos e alumnas do centro o que vedes a continuación.

 

 

O programa de ESCOLA VERDE está centrado en acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente, contando coa colaboración de toda a comunidade educativa, á que damos gracias de antemán.

O proxecto está vinculado aos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 6. Auga limpa e saneamento
  • ODS 7. Enerxía accesible e non contaminante
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Partimos dun Manual de boas prácticas, para ter en conta en toda ESCOLA VERDE.

 

 Agardamos que vos guste a nosa práctica, e estamos abertos a suxerencias e propostas que nos axuden a mellorar o medio ambiente.

 

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade.

COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: "Os Bolechas e a discapacidade".

Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas.

Foi moi divertido!

 

 

  

VER VÍDEO DA TVG

XUNTA DE GALICIA

CADENA SER

EL CORREO GALLEGO

COGAMI

VER FOTOS

SONORO EMPEÑO 20/11/2018

 

SONORO EMPEÑO 20/11/2018

O noso alumnado de 6ºA escribiu o seguinte: 

Sonoro Empeño é unha exposición que hai na fundación Abanca. Trata sobre a fusión da música e a pintura. Gustounos moitísimo o taller.

Na exposición presentáronnos cadros de artistas moi importantes como Kandinsky ou Quesada. Eran cadros no que cada un de nós vía cousas diferentes e sentía tamén sensacións distintas. Todos eles relacionados coa música.

O mellor, con moito, foi o taller. Tiñas que pintar, primeiro individualmente e logo en gran grupo, o que os diferentes estilos musicais que ìas escoitando transmitían. Temos o resultado na clase. Foi impactante e aprendeunos moitas cousas.

Aprendemos o que sinten os artistas ao pintar as obras.

 Acceso á galería de fotos

 

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut