Educación Primaria

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade.

COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: "Os Bolechas e a discapacidade".

Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas.

Foi moi divertido!

 

 

  

VER VÍDEO DA TVG

XUNTA DE GALICIA

CADENA SER

EL CORREO GALLEGO

COGAMI

VER FOTOS

SONORO EMPEÑO 20/11/2018

 

SONORO EMPEÑO 20/11/2018

O noso alumnado de 6ºA escribiu o seguinte: 

Sonoro Empeño é unha exposición que hai na fundación Abanca. Trata sobre a fusión da música e a pintura. Gustounos moitísimo o taller.

Na exposición presentáronnos cadros de artistas moi importantes como Kandinsky ou Quesada. Eran cadros no que cada un de nós vía cousas diferentes e sentía tamén sensacións distintas. Todos eles relacionados coa música.

O mellor, con moito, foi o taller. Tiñas que pintar, primeiro individualmente e logo en gran grupo, o que os diferentes estilos musicais que ìas escoitando transmitían. Temos o resultado na clase. Foi impactante e aprendeunos moitas cousas.

Aprendemos o que sinten os artistas ao pintar as obras.

 Acceso á galería de fotos

 

ENGLISH... SING IT!

 

O pasado venres, 11 de setembro, e como inicio dun novo curso escolar, tivo lugar, no salón de actos do colexio, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, unha excepcional actuación a cargo do grupo "BlueSmoke", formado por catro rapaces virtuosos da música: Andrés, María, Carlos e Alejandro. 

Eles, a través de temas tan coñecidos como: " Stand by me", "Imagine", "Counting Stars", "What a wonderful world!", "We will rock you", "Don't worry, be happy", fixéronnos reflexionar, xunto a Brenda Handford, a relatora, sobre como a música pódenos axudar a mellorar o noso nivel de inglés. 

Estivo organizado polo Departamento de Inglés, continuando así co ciclo de charlas e obradoiros con relatores anglosaxóns de cursos anteriores.

 

 Foi un día especial e unha maneira moi divertida e didáctica de comezar o curso.

 

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

XOGOS TRADICIONAIS

Chega o momento dos Xogos Tradicionais na escola.

Os nenos de 1º e 2º comezaron a semán pasada a coñecer algúns dos xogos aos que xogaban ós seus pais e avós.

Que divertido!

Lembrades?

  • Trompos
  • Canicas
  • Corda
  • Goma
  • Zancos
  • Mariola
  • Petanca

Podedes traer todos aqueles que queirades para dalos a coñecer.

Animádevos a participar!

 

CELEBRAMOS O DIA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ.

     

Recordamos a GANDHI.

   

Distribuir contido