SONORO EMPEÑO 20/11/2018
O noso alumnado de 6ºA escribiu o seguinte:
Sonoro Empeño é unha exposición que hai na fundación Abanca. Trata sobre a fusión da música e a pintura. Gustounos moitísimo o taller.
Na exposición presentáronnos cadros de artistas moi importantes como Kandinsky ou Quesada. Eran cadros no que cada un de nós vía cousas diferentes e sentía tamén sensacións distintas. Todos eles relacionados coa música.
O mellor, con moito, foi o taller. Tiñas que pintar, primeiro individualmente e logo en gran grupo, o que os diferentes estilos musicais que ìas escoitando transmitían. Temos o resultado na clase. Foi impactante e aprendeunos moitas cousas.
Aprendemos o que sinten os artistas ao pintar as obras.