ESCOLA VERDE (PLAN PROXECTA)

O CEIP Emilia Pardo Bazán adoita participar en proxectos de diferentes temáticas do Plan Proxecta, e este ano propuxémonos un de ESCOLA VERDE. E fomos seleccionados con 9 centros máis de Galicia, para participar no curso 2021/22.

Puxémonos man á obra, para comezar escollendo un logo para representar na páxina web do colexio, o noso proxecto. Foi elixido entre moitos feitos polos alumnos e alumnas do centro o que vedes a continuación.

 

 

O programa de ESCOLA VERDE está centrado en acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente, contando coa colaboración de toda a comunidade educativa, á que damos gracias de antemán.

O proxecto está vinculado aos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 6. Auga limpa e saneamento
  • ODS 7. Enerxía accesible e non contaminante
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Partimos dun Manual de boas prácticas, para ter en conta en toda ESCOLA VERDE.

 

 Agardamos que vos guste a nosa práctica, e estamos abertos a suxerencias e propostas que nos axuden a mellorar o medio ambiente.