Skip to Content

Libros de texto

Relación dos libros de texto do vindeiro curso 2011/12

Adxuntamos os libros de texto para o curso 2011-12.

Listaxe: PARTE 1

Listaxe: PARTE 2

Gratuidade Libros de Texto 2011-12

Ata o 30 de xuño, está aberto o prazo para a entrega de solicitudes de axuda para a adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º, 2º, 5º e 6º de Ed Primaria.

 

Poderán obter os impresos de solicitude na páxina web da consellería de Educación, na secretaría do centro ou na nosa propia web. As familias poderán acudir a solicitar os impresos ou a través dos seus fillos/as.

Unha vez cuberto o impreso deberán entregalo na secretaría do centro antes do 30 de xuño.

Poderán envialo a través dos seus fillos/as ou persoalmente na secretaría do centro en horario de 9:45 a 10:35h.

 

Documentación a presentar segundo corresponda:

 

  • Impreso de solicitude (un por alumno/a)

  • Fotocopia do libro de familia con todos os membros da unidade familiar.

  • Se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que acreditarse cos correspondentes documentos: certificados de empadronamento, convivencia familiar, sentenza xudicial ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

  • Fotocopia da renda do 2009. (O cálculo da renda familiar obteráse por agregación de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentases declaración do imposto sobre a renda do 2009, para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455 (Base impoñible xeral) e a 465 (base impoñible do aforro) da declaración.

  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2009:

-certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%

-resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanten nos graos de total, absoluta ou gran invalidez

-documentación acreditativa da condición de peensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

 

  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

 

Toda a documentación achegada, deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

 

Cando a solicitude sexa comprobada de validada, proceserase a emitir o vale, que será recollido en secretaría dende o 1 ata o 8 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut