Skip to Content

Novas

Xogos alternativos

Por razóns climatolóxicas A ANPA, vese na obriga de trasladar as actividades programadas para esta semana, para a vindeira. Quedando a programación planificada do mesmo xeito, comezaríase o luns 10 de xuño e remataría o venres 14 de xuño.
Consulta os xogos de cada xornada, premento na imaxe

Listado definitivo dos candidatos e candidatas á Xunta Directiva.

Publicamos no documento adxunto a relación de candidatas e candidatos que formarán parte da nova Xunta Directiva da ANPA. Tal e como estaba previsto no regulamento, ao non cubrirse os 15 postos da Xunta, todas as persoas que se presentaron formarán parte directamente da Xunta Directiva, dándose por concluído o proceso electoral.

 

Contas ANPA 2017 - 2018

Na asemblea celebrada o día 24 de setembro de 2018, quedaron aprobadas as contas do curso 2017-18. Deixámosvos en documento adxunto a información para a súa consulta.

A ANPA Andaravía solicita a Creación dun Consello Escolar Municipal

Representantes da ANPA Andaravía xunto con representantes doutras ANPAs de Centros de Ensino do Concello de Brión, rexistraron esta mañá unha solicitude para a creación dun Consello Escolar Municipal, que sexa o órgano de debate, consulta e participación para planificar a política educativa do Concello.

 

Entroido 2017

Rexeitamento á proba xeral de 3º de Primaria e/ou á proba xeral de final de etapa en 6º

Engadimos a documentación para imprimir e entregar ó Sr Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no caso de rexeitar á LOMCE e, por tanto, á proba xeral de 3º de Primaria e/ou á proba xeral de etapa en 6º de Primaria.

 

PXA do CEIP PEDROUZOS CURSO 2015-16

Recéntemente aprobada a Programación Xeral Anual do colexio de Pedrouzos, poñémolo á vosa man. 

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS "ANDARAVÍA"

 En Brión, sendo as 20:00 horas do día 25 de Outubro de 2006, constitúese a Asociación de Nais e Pais de alumnos/as“Andaravía”do CEIP”Pedrouzos” Brión carecendo de ánimo de lucro.

  A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

(O resto do articulado figura no arquivo adxunto)

Distribuir contido


by Dr. Radut