Skip to Content

Ed. infantil

VISITA DE MIGUEL E AS SUAS TARTARUGAS

A finais deste curso recibimos a visita de Miguel, un aficionado e amante das tartarugas, veciño de Brión, que veu para falarnos destes fantásticos animais e en concreto das tartarugas mediterráneas. Veu acompañado de dúas colaboradoras, Inés, a mamá de Álvaro de 3 anos, e de Siham, ademais de varios exemplares de tartarugas ás que amablemente nos deixou tocar!. Gracias a todos por esta marabillosa experiencia!

FACENDO CLIC NA IMAXEN PODEDES ACEDER Á GALERÍA DA WEB DO COLE ONDE HAI FOTOS DESTE EVENTO

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Aproveito para engadir as fotos das clases de psicomotricidade que imparto ós/ás alumnos/as de infantil, e para contarvos un pouco o que facemos nesa hora semanal. Lles propoño principalmente circuítos, xogos (“o pano”, “peixes pescados”, “escondite inglés”... utilizando material variado: aros, paracaídas, túnel, pontes, etc.) cancións e bailes, volteretas, etc.

FACENDO CLIC NA IMAXEN PODEDES ACEDER Á GALERÍA DA WEB DO COLE ONDE HAI FOTOS DESTE EVENTO

Como novidade este ano, como sabedes, introducimos ademáis o ioga e foi unha experiencia que, en xeral, ós/ás nenos/as lles encantou. Estas sesións de ioga, que normalmente faciamos cara ó final da clase, as acompañabamos de vídeos infantís que motivaban aínda máis ós/ás alumnos/as. A maioría destes vídeos están en inglés, o que nos axudaba ademáis a practicar este idioma un pouco, xa que eu ía traducindo o contido e, ó final, ata se sabían a letra dalgunha das cancións.

Estes vídeos os podedes atopar en “youtube”, simplemente poñendo “yoga para niños” o “yoga for kids” (en inglés é onde atopamos máis vídeos interesantes). Aquí vos copio algunhas imaxes e algúns dos enlaces dos materiais que máis usamos:

http://www.youtube.com/user/CosmicKidsYoga

http://www.youtube.com/watch?v=g6B_OaTQm2I

http://www.youtube.com/watch?v=SP5p1gLUOHI

http://www.youtube.com/watch?v=lH7H5fTEq8U

Como vedes, o inicio desta mensaxe tamén podedes ver algúns vídeos dos nenos de 3 anos facendo ioga nas miñas clases ou descargalos nos adxuntos. Espero que vos gusten.

Saúdos e bo verán,

A mestra de psicomotricidade,

Pili Vidal

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Paula Carballeira

O Mércores Paula Carballeira visitou aos nenos e nenas de Infantil e deleitoulles coas súas historias. Unha das paixóns desta contacontos son as viaxes, e dunha realizada por Africa, trouxo historias dunha tribu chamada Mangala, onde os homes e as mulleres son os mellores contacontos do mundo enteiro. Como ela mesmo escribiu na dedicatoria do seu libro "OLO-IEPU-IEPU", Son contos para soñar e viaxar coa imaxinación. Ver vídeo

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL VISITAMOS O NOSO CONCELLO

Esta mañá os nenos e nenas de infantil achegáronse cos seus mestres e mestras a visitar o concello e saber como funciona. Alí fomos moi ben recibidos por todos os seus traballadores e traballadoras e polo Sr. Alcalde, que nos explicou na Sá de Plenos, as súas funcións.

Os cativos entregáronlle unha carta cunha serie de peticións, que podedes ler e descargar no arquivo adxunto.

PODEDES VER AS IMAXES DA GALERIA SE PREMEDES NA FOTO.

Antroido total 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

Antroido infantil 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

CONCERTO DIDÁCTICO: CREBANOCES

Os nenos e nenas de 4 anos acudimos ao Auditorio de Santiago para ver o CREBANOCES: música e monicreques, xa vos imaxinades que o pasamos xenial.

COMA SEMPRE PODEDES VER AS FOTOS DA GALERÍA SE PREMEDES NA IMAXE

O CARBALLO CON BOTAS

Anxo Moure é un autor e contador de historias que en diversas ocasións nos cursos anteriores veu compartir a súa maxia connosco. Esta vez a maxia e o compromiso coa natureza chegounos a través do conto: O CARBALLO CON BOTAS, que lemos na escola; nel unha landra medraba na bota dun soldado farta da guerra.

Nós quixemos facer algo semellante e emular a ese carballo, para elo pedimos aos nosos alumnos e alumnas que trouxesen á escola un zapato vello para plantar a nosa propia landra. Unha vez plantadas colocamos a nosa CARBALLEIRA CON ZAPATOS no patio pequeno. Alí ademais de coidalas observaremos como e cando agroman e mediremos o que van medrando.

Se premedes na imaxe poderedes ver as fotos de todo o proceso na galería.

DEGUSTACIÓN DE FROITAS DE OUTONO

Hoxe 31 de Outubro, polo Samaín en Infantil decidimos facer unha pequena celebración para conmemoralo. Primeiro, estivemos a ver unha película de "terroríficos" debuxos animados. Mentras o noso e as nosas profes ademais de coidarnos preparáronnos unha fantástica merenda na que degustamos froitos típicos do outono e produtos elaborados con eles.

Pero antes de saborealas, observámolas e ulímolas, repasamos os seus nomes e clasificámolas.

FROITOS CARNOSOS
FROITOS SECOS

Foi unha GRAN MERENDA e un GRAN DÍA!!

SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA

En Infantil imos ver o contacontos de Inacio Vilariño

Onte foron os alumnos de primaria e hoxe, 30 de outubro, fumos nós.

Inacio estivo despois do recreo contándonos novos e maravillosos contos que descoñeciamos. Gustóunos moito a personaxe do burro e a canción.

PODEMOS VER MÁIS IMAXES DA GALERÍA SE PREMEMOS NA FOTO

Distribuir contido


by Dr. Radut