Skip to Content

Flash Mob

Este mércores, gravamos no colexio un flashmob. Empregamos a canción e a coreografía de Móvete que promove a Xunta de Galicia dentro dun proxecto de saúde.

Unha equipa composta por Pablo Garaloces, Pablo Fontenla e Gaspar Broullón foi a encargada de facer a parte técnica do vídeo. A través dun helicóptero drone dirixido por control remoto captaron imaxes aéreas espectaculares.

En breve teremos o vídeo para publicalo, como adianto podedes ver algunhas fotos. Moitos agradecementos a Pablo G., Pablo F. e Gaspar!

 


page | by Dr. Radut