Skip to Content

Concerto didáctico “A Cincenta”

Os alumnos/as de 3º ciclo do CEIP Pedrouzos de Brión  asistiron ao concerto organizado polo Auditorio de Galicia, os días 9 e 11 de novembro, sobre unha adaptación da famosa ópera de G. Rossini  “A Cincenta” baseado no conto popular de Perrault. A representación estaba protagonizado por cantantes dunha compañía catalá dirixida por Joan Font (Comediants)  e música de Albert Romaní.

A representación gustou moito aos alumnos/as. Foi un éxito porque estaba adaptada ao nivel educativo, a ambientación do escenario era magnífica e o vestiario moi atractivo.

Os cantantes interpretaban moi ben as personaxes, as súas voces  transmitían a mensaxe e as arias, sinxelas de entender, permitian seguir sen dificultade o argumento da trama. Esta actividade  foi enriquecedora para os rapaces/as que non están afeitos a asistir a estes concertos e así conseguir, dende o colexio, coa nosa pequena aportación, que comencen a disfrutar da música clásica.

 cincenta


page | by Dr. Radut