Dende o comezo de curso estamos a desenvolver unha actividade de animación á lectura que chamamos "Padriños e madriñas de lectura".
Os nosos rapaces máis pequenos teñen un padriño ou madriña no centro cos que comparten lecturas unha vez á semana. É moi importante na consolidación do hábito lector o componente emocional. Todos lembramos os momentos tan especiais que de cativos compartimos con outras persoas lendo ou escoitando narracións e deixando voar a nosa imaxinación. Neste vídeo podemos ver eses momentos tan "máxicos" que compartiron os nosos nenos e nenas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
padrinhos_lectura~1.flv | 12.75 MB |