Skip to Content

Nadal en Pedrouzos

Despedimos o ano cunha xornada especial. As primeiras horas adicámolas a divertidos obradoiros: xogos, felicitacións ao amigo invisible, elaboración de adornos de Nadal, panxoliñas, cociña... Recuperamos forzas cun chocolate con rosca e para completar este día tan intenso, visitáronnos os Paxes Reais que recolleron as cartas dos nenos e nenas agasallándolles con caramelos.

Dende o colexio desexamos un bo Nadal a todos os membros da comunidade educativa!

Ver fotos

 

 



page | by Dr. Radut