Skip to Content

Horarios curso 2011/12

Durante o més de outubro o horario lectivo será de 9:45h a 14:45h.

Establecese así o novo horario de Xornada Única  empezando tamén as actividades complementarias.

Sesión de clase (3)
9:45 h.
Recreo 12:25h.
Sesión de clase(2)  12:55
Comedor 14:45h.
Recreo comedor  15:30h.
Transporte escolar 16:30h.

A Asociación de Nais e Pais segue ofertando "Bos días cole", un servizo de apertura do colexio as 7:30h. para todo o alumnado do centro.

O Concello ofrece un servizo de acollida para o alumnado de educación infantil dende ás 9:15h.

Recordamos que o alumnado non poderá entrar no recinto do centro ata ás 9:30h, salvo que sexa para empregar o servizo de "Bos días cole" ou o "Servizo de acollida".

O alumnado de infantil usuario do servizo de comedor accederá ao servizo a partir das 14:30 h, podendo as familias recoller a estes nenos e nenas ata as 14:45h.

Moi importante: As familias, tal como recolle o proxecto de xornada única, poderán recoller ao alumnado ás 14:45h, ás 15:30h, as 16:30h. e as 17:30h. Só se abrirán as portas do centro nese horario permanecendo abertas durante uns dez minutos e logo pecharanse sen poder sair nen entrar ninguén ata o periodo correspondente.



page | by Dr. Radut