Skip to Content

CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2045

PRAZO DE SOLICITUDE  DO 21 DE MAIO Ó 21 DE XUÑO DE 2024

NORMATIVA

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2024).

 DESTINATARIOS

  •  Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP

          O alumnado matriculado en 5º e 6º de EP incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP

  • Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado matriculado en EP

  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ao alumnado con NEAE matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e para o que non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir os libros ou o material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro no que estivera matriculado no curso 2023/2024.   

 

O alumnado de 6º curso de EP, deberá presentar a solicitude no IES no que foi admitido.

 

 

Se repite curso deberá presentala no centro no que está matriculado.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I y II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

           No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación de fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, https://www.edu.xunta.gal/fondolibros.

  • Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Presencial coa asistencia da aplicación: cubra os datos  na aplicación FONDO LIBROS  imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)  

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I (solicitude) e anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. No caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

PRAZOS DE RESOLUCIÓN

  • Publicación das listaxes provisionais: Ata o 12 de xullo de 2024.
  • Reclamación de listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas: Ata o 26 de xullo de 2024.
AdxuntoTamaño
Documentación.pdf128.6 KB
Orde fondo libros e axudas material gl.pdf1.3 MB
Manual solicitantes.pdf3.17 MB
Anexo I e II Galeg.pdf3.49 MB
ANEXO I e II _ GAL TITORIAL.pdf252.62 KB


page | by Dr. Radut