Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O 1 DE MARZO, abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2024-2025 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2024

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Poden descargarse os impresos accedendo a web da Consellería, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 1 de marzo. 

HORARIO DE ATENCIÓN EN CENTRO:  - Todos os días de 9:30h a 14:00h

                                                                    - Luns de 15:30h a 17:30h

 

ENLACE WEB DE ADMISIÓN ALUMNADO

Documentación Admisión:

  • Impresos de solicitude (ED550B - anexo II)
  • DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.
  • Tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras que carezan de DNI ou NIE.

 *De toda a documentación relacionada, DEBERÁN TRAER AS FOTOCOPIAS FEITAS xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

AdxuntoTamaño
CALENDARIO PROCESO ADMISION.pdf84.57 KB
INFORMACION XERAL FAMILIAS.pdf101.54 KB
ED550B-C-20222023.pdf1.4 MB
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB


page | by Dr. Radut