Skip to Content

ANPA ANDARAVÍA - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022_23


Abrimos a inscrición de actividades extraescolares ofertadas pola Anpa Andaravía, coa esperanza de que a oferta resulte de interese para vós e para as vosas fillas e fillos.

Como en anos anteriores, as actividades teñen un prezo de 13,50€/mes e só se impartirán aquelas nas que haxa máis de 8 crianzas matriculadas. Naquelas actividades que se imparten dous días á semana, pode irse só un día, por 13,50€/mes ou os dous días por 21€/mes. Manualidades e pintura ten un custe a maiores de 25 euros anuais en concepto de materiais e no caso de Robótica o prezo dependerá do número de alumnos/as matriculados e da dispoñibilidade de equipamento por parte do centro.

Este ano, recuperamos tamén Natación escolar, que se impartirá na piscina municipal. Un monitor ou monitora recollerá no centro o alumnado que vaia ao comedor.

Tedes máis información no propio formulario de inscrición.

INSCRICIÓN FORMULARIO ACTIVIDADES

Agardamos que esta proposta vos sexa interesante e útil e agradecémosvos, como sempre, que nos fagades chegar as vosas suxestións ou queixas, sobre este ou outros temas relacionados.

Recibide un cordial saúdo.

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES ANPA.pdf366.89 KB


page | by Dr. Radut