Skip to Content

Banco da amizade

Chega un novo banco ao CEIP de Pedrouzos para resolver conflitos e conseguir novas amizades.

A comezos deste mes de marzo chegou, ao CEIP de Pedrouzos, o banco da amizade e tivémolo ata o 23 de marzo. É de madeira pulida, amplio e cómodo, con figuras hexagonais no respaldo, de moitas cores, que semellan unha colmea de abellas. Mide 2,30 m. de longo, 1,10 de alto e 45 cm. de ancho. Ten sete patas cilíndricas de 35 centímetros de alto. Está situado no patio cuberto do colexio. Mandárono co fin de facer novas amizades, resolver conflitos, reflexionar sobre accións que facemos mal, para cando nos sentimos sós, estamos tristes, enfadados,... Encántounos e parécenos unha gran idea para todos os colexios e poder telo todo o curso porque, por un lado, ninguén se sentirá só e polo outro, teremos a oportunidade de facer novas amizades se somos tímid@s ou temos vergoña. Agradecementos, por parte do alumnado e profesorado deste colexio, á empresa “ Habitar las formas”, especialistas en xoguetes de madeira, por prestarnos este marabilloso banco.

Alumnado de 4ºB



page | by Dr. Radut