Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2021 - 2022

O PRÓXIMO 1 DE MARZO, ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2021-22 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 22 de marzo do 2021

A reserva de praza farase no propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. Tamén se pode facer telemáticamente na ferrramenta admisión alumnado da Consellería de Educación.

ENLACE ADMISIÓN

Documentación Admisión:

   - DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.

   - Libro de familia onde figuren todo os membros da unidade familiar.

   - Tarxeta sanitaria do alumno/a.

   - Folla de empadroamento de toda a unidade familiar.

   - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

   - Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.

   - Xustificante de concurrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns.

*De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), deberán traer as fotocopias feitas xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

QUEN DESEXE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN OU RECOLLER OS IMPRESOS NO PROPIO CENTRO, DEBERÁ SOLICITAR CITA PREVIA NO TELÉFONO 881 866 078

AdxuntoTamaño
ORDE 12 DE MARZO DE 2013, DE DESENVOLVEMENTO DE ADMISIÓN.pdf1.03 MB
ED550B-C_2021_2022.pdf1.53 MB
ED550B-G_2021_2022.pdf1.52 MB


page | by Dr. Radut