Skip to Content

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

     Estamos tratando de reorganizar o servizo de comedor escolar para que un maior número de familias podan facer uso do mesmo. Logo das conversas mantidas coa responsable do Concello de Brión sobre este tema e buscando a colaboración de todos para solucionalo.

   Comunicamos que: logo de recibir confirmación do Concello sobre a viabilidade de contratar monitores de actividades para poder ampliar a oferta do comedor, (as contratacións non dependen do centro educativo) mantémonos á espera de que tanto Inspección Educativa como o Servizo de Comedores dean o seu visto e prace.

   Cando isto se produza tentaremos reorganizar o servizo en 2 quendas e dar así praza ao maior número posible de solicitudes presentadas.

   Este será un proceso traballoso pois implica, entre outras cousas, a modificación de horarios na xornada lectiva do alumnado de comedor, ao mesmo tempo que outros aspectos de organización do centro.

   Agardamos comprensión e paciencia para poder facer este tránsito coas maiores garantías. Calculamos que o 1 de Outubro poderemos comezar con esta nova reorganización do comedor.

Permanecede atentas á información que poñamos na páxina WEB.

 



page | by Dr. Radut