Rematados os prazos correspondentes, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 12 de maio de 2020. Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de primaria.
Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro, ou ben por teléfono, chamando ao 881 866 078, indicando o número de rexistro de entrada da solicitude.
Ao alumnado que aparece nas listaxes entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados nas súas titorías. Lembren as familias, que hai libros e cadernos de traballo que deben mercar ao non estar incluídos no fondo solidario.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LIBROS_TEXTO 20_21.pdf | 176.36 KB |