Skip to Content

CORRECCIÓN INSTRUCCIÓNS FONDO DE LIBROS 20-21

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020 - 21, que saíu publicada no DOG o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658: O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.

 



page | by Dr. Radut