Skip to Content

Conseguimos o PLAMBE !

Publicouse no DOG (14/09/10) a resolución  da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares, segundo orde de 23 de abril de 2010 (DOG 7/05/10), coa relación de centros que se incorporan a este programa para o curso 2010/2011.
Tivemos a fortuna de ser un dos centros seleccionados neste plan e dotoúsenos con algo máis de 6.000 euros para desenvolver as  actuacións propostas no proxecto presentado.
Para poñer en marcha a nova andaina da biblioteca constituímos unha equipa de traballo formada por 14 profesores do centro, ademáis de contar coa colaboración de todo o claustro. Temos moita ilusión en dar un novo pulo a este espazo e convertilo no centro de información, comunicación, lecer e diversión do cole, aberto a toda a Comunidade Escolar.

Logo bibliotecas escolares de Galicia



book | by Dr. Radut