Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

O venres 22 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.

Na entrada do centro estaba agardando aos rapaces e rapazas a mesmísima Rosalía co seu home Manuel Murguía  para agasallarlles con poesías. Logo visitaron ao alumnado de infantil  e recitáronlle algunha das súas poesías.

O alumnado e profesorado do centro fixo ao longo da semana unhas roseiras de fieltro que puxeron ese día como prendedor para homenaxear a esta grande escritora tan vinculada co noso concello.

(galería de fotos)

 

 



page | by Dr. Radut