Skip to Content

NADAL EN PEDROUZOS

Gústanvos os Beléns?. Este ano invitámosvos a visitar o noso "Belén de cine". Un bonito belén mariñeiro montado no recibidor do cole, pola profe de Relixión, Manoly, e a inestimable colaboración do director do Museo do Mar de Noia, Félix González, a quén lle damos as gracias.

Este belén conta con elementos feitos polo alumnado de relixión: casiñas, lavadoiros, fornos... e moitos obxectos cedidos polo Museo do Mar. Ata temos un aeroxenerador!

Esperamos que sexa do voso agrado e desexarvos un bo Nadal e Feliz 2018!!



page | by Dr. Radut