Skip to Content

Plurinfantil: Proxecto Plurilingüe na Educación Infantil

O centro foi incluido no Proxecto Plurilingüe na Educación Infantil.

Implica a integración do inglés dende un punto de vista lúdico non só na área de linguaxes, senón a través de todas as áreas cun enfoque globalizado baseado en tarefas e proxectos e nos cales as TIC están presentes.

No proxecto presentado dende o centro (que se pode ver nos adxuntos) se explican ademáis dos obxectivos, contidos e estratexias metodolóxicas, as actividades plantexadas a través dunha sesión semanal de TICs e outra de ioga, en inglés, para cada grupo de Infantil.

 

O pasado 15 de novembro foi a entrega de distincións aos centros educativos que este curso ampliaron o plurilingüismo a infantil, coma é o noso caso.

Estas distincións, con forma de estrela de diferentes cores para cada etapa, recibíronas os 83 centros que estenderon este curso 2017/18 o plurilingüismo a educación infantil (Plurinfantil), en toda Galcia.

Plurinfantil

AdxuntoTamaño
ProxectoPlurilingueInfantilPedrouzos.pdf64.77 KB
DesenvolvementoPlurilingue.pdf37.37 KB


page | by Dr. Radut