Skip to Content

MOI IMPORTANTE : Comedor escolar 2017/18

Recordamos a necesidade de que todo o alumnado do centro que desexe empregar o comedor escolar no curso 2017/18, ten que presentar a documentación necesaria para solicitar dito servizo.

A través do alumnado, no mes de xuño, enviouse información e documentos que como mínimo deberá presentar

  • Folla de relación de documentos presentados
  • Autobaremación ou renuncia ao servizo
  • Declaración responsable de domicilio do alumno/a

Está documentación debe presentarse antes do 30 de xuño de 2017.
No primeira quincena do mes de xullo só poderemos publicar a listaxe provisional de adxudicación de prazas de comedor de usuarios  que o solicitaron coa documentación correspondente e que se atopa nunha das seguintes situacións:

  • Alumnado usuario lexítimo de transporte escolar (alumnado da área de influenza do centro e os seus irmáns con domicilio a máis de 2 km)
  • Alumnado con situación socioeconómica desfavorable
  • Alumnado membro de familias numerosas
  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%

O resto de solicitudes baremarase, publicando a listaxe definitiva no mes de setembro.



page | by Dr. Radut