Skip to Content

De camiñata polo concello de Brión

 

Que mellor maneira de coñecer a contorna do noso colexio que facer unha ruta a pé! Iso pensaron os profesores de Educación física, que nos levaron a facer unha camiñata de 7km con saída na igrexa de Viceso, para continuar logo polos pobos de Esparís, Vilar, Vioxo de Abaixo, Mato e rematar na escola da Luaña, onde saiu a profe a saudar a algún dos que foron alumnos seus cando ían en Infantil.

Neste percorrido atravesamos bosques frondosos de carballos e vimos exemplos de arquitectura popular como igrexas, fontes e cruceiros.



story | by Dr. Radut