Skip to Content

Mercadiño Solidario

O pasado 2 de abril abriuse un mercadillo no Centro Polivalente de Brión, atendido por alumnos e profesores de 6º de primaria. A fin de este evento era recaudar máis cartos para a excursión de fin de curso de 6º.
 (fotos)

 


Foi enviada ás familias unha nota informando de este evento e, pedindo o seu apoio para poder levalo a cabo, de modo que moitos alumnos trouxeron xoguetes, libros, videoxogos, bisutería, etc, para colaborar no mercadillo.

Tivemos productos irresistibles que se venderon de seguido, por exemplo, unhas figuras de Star Wars, unha máquina de xeados, bolsos novos... Os produtos que non foran vendidos, donaríanse a unha ONG local.

Clasificamos os produtos en distintas seccións. Había mesas con peluches, videoxogos e películas, bisutería e libros.

O horario foi dende as once da mañá ata a unha da tarde.

Sofía Álvarez Castro 6ºB



page | by Dr. Radut