Skip to Content

Debuxos co Tuxpaint do/as nenos e nenas de Infantil

Durante este curso continuamos facendo diferentes actividades cos/as nenos/as de Educación Infantil relacionadas coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Podemos dividir en tres os tipos de actividades, as realizadas na aula (como recuncho) e as que teñen lugar na sala de ordenadores (todo o grupo ou medio grupo) ou ca pizarra dixital (en pequenos grupos) na sala de psicomotricidade ou na biblioteca. As actividades principais que se realizan nos ordenadores son as de manexo do rato (cos diferentes programas e software educativo), iniciación á lecto-escritura e debuxo, con programas como o Tux-Paint. Precisamente con este programa (de software libre) os/as nenos/as fixeron diversos debuxos ó longo do curso, que estou subindo á galería de imaxes da web da escola, onde hai varios álbums con algúns dos debuxos feitos co ordenador polos nenos e nenas de Educación Infantil.

Este é un exemplo dun debuxo feito polo nenos/as de 3 anos coa pizarra dixital (facendo clic sobre el, podedes ver máis):

 

Estos son outros exemplos de debuxos sobre o Samaín e o Entroido feitos na sala de ordenadores polos/as nenos/as de 4 e 5 anos (facendo clic sobre eles, podedes ver os demáis álbums):

samain

Madamas e Galans

 

Exemplos de debuxo libre:Facer clic sobre o debuxo para ir á Galeria.

Guardar

Guardar



blog | by Dr. Radut