Skip to Content

Visita ao Museo de Historia Natural da USC

 
   

O martes desta semana fomos ao Museo de Historia Natural da Universidade.

 Alí un guía fíxonos preguntas sobre animais e plantas desecadas, que se podían ver no museo. Tamén nos mandou buscar en diferentes ecosistemas a pita do monte e explicounos como “ ligaba “. A continuación vimos un rato, que tiña a cola tan longa como o seu corpo, que vive nos ríos.

Mentres uns visitaban o resto do museo na planta de arriba , outros faciamos unha actividade, despois intercambiámonos.

Arriba vimos tres coleccións de minerais,unha era de minerais valiosos, outra de xemas que estaban nunha caixa forte e a outra das pedras máis comúns dos sitios de Galicia. Tamén había unha colección de madeira que valía máis que todas as coleccións de minerais xuntas.

Noutra sala tiñan un esqueleto de velociraptor e unha moa de mamut. Ademais, o guía contounos unha historia sobre a tartaruga máis grande do mundo e falounos sobre a vida do perezoso.

Despois da visita guiada, tivemos unha actividade que consistiu en pintar distintos ecosistemas.

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas que non sabiamos.

Ángela e Adrián

 

Mais fotos

 



story | by Dr. Radut