Skip to Content

Club de Ciencia

CULTURA MAKER

Empezamos o club de ciencia coa colaboración dun maker que aproveita moitos dos materiais de refugallo que descartamos no noso día a día, para elaborar novos aparellos e así darlle unha nova vida aos materiais.

Desta forma queremos achegar ao noso alumnado á filosofía MARKER, unha cultura que naceu nos Estados Unidos e que representa unha extensión baseada na tecnoloxía da cultura DIY (faino ti mesmo).

Hoxe, acompáñanos Amador, e vainos ensinar os aparellos que el mesmo elabora.

O alumnado realizará un cepillos eléctricos, a partir dun motor, unha pila e un cepillo.

Grazas Amador

 

 

 

 

CLUB DE CIENCIA_2

 

No seguinte enlace, podes ver o PROXECTO do club de ciencia do curso 2019-2020

Club de Ciencia

CONVOCATORIA CLUB DE CIENCIA

Un ano máis, a Consellería de Educación convoca o club de ciencia para centro de Educación Infantil e Primaria.

Un grupo de mestres e mestras do CEIP PEdrouzos, animámonos a participar coa ilusión de achegarnos máis de preto á Ciencia, e responder ás nosas curiosidades e ás do noso alumnado mediante a experimentación e a indagación.

Por outra banda, cremos que no mundo actual é importante achegar ao noso alumnado á dimensión científica a través do empoderamento  e do achegamento do papel da muller na ciencia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut