3º e 4º nivel de Primaria

A OCA DAS EMOCIÓNS

ATRÉVETE A LANZAR O DADO E A EXPRESAR AS TÚAS EMOCIÓNS E  OS TEUS SENTIMENTOS DIANTE DOS DEMÁIS PARA FIXAR COMPORTAMENTOS AXEITADOS:

TÉCNICA COLLAGE NO 3º NIVEL

Seguimos facendo MATEMÁTICAS na clase de plástica, aínda que empregamos máis formas xa que deixamos voar a imaxinación e a creatividade!

Agora toca facer COLLAGES:

 

 

 

 

EUROPE CODE WEEK por segundo ano consecutivo!!!

A Semana da Programación da UE  ou EU CODE WEEK é unha iniciativa de base que ten como obxectivo achegar a programación e o alfabetismo dixital dunha maneira divertida e interesante.

Por segundo ano,os nenos e nenas de terceiro A imos compartir experiencias con diferentes centros repartidos por moitos países europeos e outros continentes!

Xa estamos dentro!

 

 

 E xa temos feita a primeira nosa actividade na linguaxe computacional a través do arte: PIXEL ART e como non ía ser menos, cun bichiño que lle está dando moita dor de cabeza a todos os países do mundo, O CORONAVIRUS.

 

 

 

 

CADROS CON XEOMETRÍA

Para pór en práctica o aprendido nunha lección de xeometría na clase de plástica, precisamos varias cousas.

  • Creatividade 
  • Coñecemento das diferentes figuras xeométricas
  • Unha regra
  • Acuarelas

e moitas gañas de traballar!!!

E para demostrar o interese e a concentración para obter estes fermosos traballos, engadimos probas fotográficas:

 

 

NOVO CURSO, NOVA AVENTURA, NOVA MANEIRA...CURSO 2020-2021 no 3º nivel de EP

Xa empezamos fai uns días, concretamente o 10 de setembro, e xa levamos moitas ideas e proxectos empezados, ou polo menos pensados xa dentro das nosas cabeciñas!!

Este ano temos que ir a cámara lenta, non vale facer moitos plans a longo prazo, xa que cada día pode ser diferente.

Así non demos sacado aínda a foto de grupo do inicio docurso na que estemos todos e todas, a NOSA FOTO OFICIAL!! Pronto chegará!!!

Tamén xa deseñamos os super heroes e heroínas que nos van axudar a levar adiante o proxecto do Medioambente e saúde!!

 

 

Estreamos unha nova estación do ano! Deixamos atrás un caluroso verán para entrar nun outono que non nos vai deixar de sorprender, porque vai ser un OUTONO RARO!!

O día 22 adicámolo a prepararnos para levar a cabo as tarefas propostas sobre o OUTONO: poemas, refráns, cheiros, cores ...facendo investigación directa en primeira persoa nos arredores do patio do colexio.

 

Lemos, recitamos, exprimimos todo o que nos querían transmitir os e as escritorxs con estes fermosos poemas que resumen todas as características desta nova estación que acaba de comezar:

 

 

FIN DE CURSO TERCEIRO E CUARTO

Arzúa,  17 de xuño de 2020

Estimadas familias, rapaces e rapazas:

Remata un curso dun xeito atípico, ao igual que o foi este último trimestre, dada a situación extraordinaria que nos tocou vivir. Queremos agradecervos ás familias e ao noso alumnado a vosa colaboración, implicación e participación nas actividades propostas, sabemos que non foi doado, así que MOITAS GRAZAS!!!

Agora comeza unha etapa de descanso merecido. Convén que todos os nenos e nenas de 3º e 4º gocen destas vacacións e acumulen enerxía para afrontar en setembro un novo reto.

ACTIVIDADES  RECOMENDADAS  PARA  O  VERÁN:

    -Durante o verán sería recomendable que os nenos e nenas realizasen as seguintes tarefas: pasear, gozar da familia, estar cos amigos/as, ir á praia, á piscina, á montaña (se o a situación na que estamos o permite), saber o que é algunha tarde sen nada programado onde poidan xogar libremente desenvolvendo a súa creatividade, relaxarse e non ir correndo a todas partes …

   -Tamén sería bo, aínda que dun xeito relaxado, reforzar as competencias básicas traballadas ao longo do curso:

  

Competencia lingüística:

         - Lectura diaria en galego e en castelán.

                  - Traballo de expresión escrita. Poden resumir un conto, contar anécdotas, copiar un texto, inventar historias … Tamén é boa idea escribir un diario onde reflictan as súas vivencias.

É importante que se expresen oralmente en galego e en castelán: que vos conten as súas experiencias do día.

  

Competencia matemática:

- Reforzar o cálculo: sumas e restas con levadas, multiplicacións e divisións.

       - Resolución de problemas con estas operacións.

         *É fundamental dominar a táboa de multiplicar!!

 

SORPRESIÑA FINAL...!

Para os nosos queridísimos  alumnos e alumnas temos preparada unha sorpresiña final, en agradecemento ao seu esforzo, traballo e boa adaptación a esta escola a distancia, que xurdiu de inmediato e á que souberon adaptarse tan ben.  É un agasallo simbólico dende a distancia: Un diploma que atoparedes no arquivo adxunto e que vos mesmos cubriredes como tarefa final do curso! Esperemos que vos guste!

 

NOTAS FINAIS DO CURSO

Polo demais, recordarvos que hoxe poderedes ver as vosas calificacións finais entrando na aplicación ABALAR MÓBIL

 

FELICES VACACIÓNS!

 

AS TITORAS DE 3º e 4º.

 

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Bos días,

Para este luns, último deste curso, propoñémosvos unhas tarefas relacionadas co verán Guay. Pincha no arquivo adxunto.

 

Un saúdo de parte das titoras de terceiro e cuarto.

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día a todos e a todas! Pasiño a pasiño chegamos xa ao fin de curso. Decirvos que estou moi contenta de ser a vosa mestra e orgullosa de todos vos por todo o traballo que fixéchedes ao longo deste curso. Seguide con esa alegría e enerxía que vos caracteriza e participando con tanta emoción nas clases de música.

Comezamos cantando a canción " Un día especial" de A gramola gominola.

 https://www.youtube.com/watch?v=OX1QjBTfchw

Seguimos cun baile onde hai un movemento moi difícil que se puso de moda e que seguro que vos sae moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=Ls_FWxWo9PI

 

 E para rematar aquí vos deixo outra canción moi animada que nos vai servir para poñer un broche final ao curso e o faremos bailando e cantando, vos animades?

 https://www.youtube.com/watch?v=VWil5FMmuEM

 

 Moitas grazas polos vosos esforzos nestes meses tan difíciles para todos. Deséxovos un feliz verán! Unha aperta moi grande!

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Moitas grazas ao alumnado do CEIP de Arzúa e ás súas familias de parte da mestra de Relixión. Son consciente do enorme esforzo e sacrificio que supuxo para vos sacar adiante todo o traballo académico deste 3º trimestre ao lado dos vosos fillos e fillas, pero penso que soubéchedes estar á altura destas complicadas circunstancias. Pese ao carácter voluntario dos actividades da materia de Relixión houbo un importante interese e esforzo que merecen todo o meu agradecemento. Por certo, infórmovos de que o material de Relixión (libreta e carpeta) quedou na miña aula para o curso que vén, se vos parece ben. Quedo á vosa disposición a través das canles de comunicación abertas e deséxovos un feliz e merecido descanso vacacional. Unha aperta grande e saúde para todas e todos. Bo verán!

Para todo o alumnado de Relixión de 3º e 4º o meu agradecemento de corazón por todo o esforzo realizado e o interese amosado. Traballáchedes moi ben malia as circunstancias tan difíciles que nos tocaron afrontar. Para esta semana de remate de curso, déixovos algunhas actividades para xogar online se vos apetece. Espero que vos gusten.

Feliz verán para todas e para todos!

FAI CLICK AQUÍ PARA RELACIONAR MOSAICO

FAI CLICK AQUÍ PARA XOGAR A RELACIONAR COLUMNAS

 

FAI CLICK AQUÍ PARA FACER UN CRUCIGRAMA

ACTIVIDADES PARA TERCEIRO E CUARTO

Ola familias!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

PLÁSTICA: Propoñemos unhas actividades comúns para 3º e  4º , nas que tedes que estar moi atentos para non equivocarvos. A ver como saen!Vergoña (arquivo adxunto).

CIENCIAS NATURAIS: Só para 3º. Repaso de plantas (ficheiro adxunto).

LINGUA GALEGA; Só para 4º. Traballaremos o suxeito e predicado. (ficheiro adxunto).

 

Unha aperta, 

As titoras de 3º e 4º.

Powered by Drupal - Design by artinet