3º Curso

MULLERES SENLLEIRAS_ TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 3º EP NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL

O alumnado de 3ºA e 3ºB, matriculado na materia de Proxecto Competencial,  fixo este curso 2022-23 un traballo de investigación arredor da vida de varias mulleres, que pola súa traxectoria en distintos ámbitos da cultura, son un referente para todos nós. Cos carteis elaborados confeccionamos este mural que quedou exposto no corredor da planta baixa do noso colexio. 

O ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA VISITA O PARLAMENTO DE GALICIA

O mércores, 8 de marzo o alumnado de 3º E.Primaria visitou o Parlamento de Galicia. 

Unha vez dentro do edificio, o guía levounos ata o vestíbulo, onde puidemos admirar unha fermosa vidriera de Laxeiro no teito.

 

O Parlamento de Galicia está no Pazo do Hórreo desde 1989. O edificio actual foi construído para ser a Escola de Veterinaria, pero por falta de alumnado deixou este cometido desde 1925.

Leváronnos á Sala de Exposicións para visionar un vídeo acerca do Parlamento. Moitas das cousas que nos contaron xa as levabamos aprendidas e todo resultou máis doado.

Puidemos contemplar tamén unha serie de cadros que reflicten a composición do Parlamento ao longo da súa historia, desde a primeira lexislatura en 1981. Logo amosáronnos unha maqueta do Parlamento e soubemos dicir onde nos atopabamos. 

  

Mentres camiñabamos polos corredores puidemos contemplar moitas obras de pintores como Xaime Quessada, Urbano Lugrís, Peteiro... Achegámonos ata a biblioteca do Parlamento, lugar no que actualmente se grava un programa que emite a TVG os domingos pola mañá. 

   

Puidemos asistir a un pleno e ver como os deputados/as debatían un tema. Á saída do hemiciclo viñeron un deputado e unha deputada de Arzúa a charlar un ratiño con nós, posto que escoitaron como nos dedicaban un saúdo desde a mesa da Presidencia. 

Tanto na entrada como na saída pasamos polo Salón dos Reis e nas paredes están os escudos do Antigo Reino de Galicia. 

  

E xa para rematar, saíu saudarnos Mini, un dos deputados do Parlamento que é de Brates, unha aldea que está moi preto do noso colexio. Dedicounos unha pequena canción e despedímonos xa do lugar. 

Foi unha visita ben interesante!!

 

SAÍDA DE 3º E.PRIMARIA PARA VISITAR METEOGALICIA

O 23 de xaneiro, o alumnado de 3ºA e 3ºB asistiu a unha sesión formativa sobre contaminación atmosférica impartida por persoal de Meteogalicia, en Santiago de Compostela. Alí explicáronnos cales son os gases e partículas que contaminan o aire, a súa orixe e como podemos facer nós para mellorar a calidade do aire que respiramos.

  

Ao rematar esta charla explicativa, desprazámonos andando ata a "Estación de calidade do aire" que está preto do edificio de Meteogalicia. Alí a nosa guía explicounos como se realizan as medicións de gases e partículas que contén o aire e o funcionamento dos aparatos que hai en dita estación. Os resultados clasifícanse por cores, correspondendo o azul, ao aire máis limpo; o amarelo, ao aire que ten algúns gases contaminantes; e o morado, ao aire moi contaminado. 

Agora xa sabemos consultar en Internet como é o aire no noso municipio ou nalgún lugar próximo.

  

SAÍDA AO CINE DO ALUMNADO DE 3º EP

O alumnado de 3º EP fixo hoxe unha saída a Santiago de Compostela, xunto co alumnado de 1º EP, para asistir á estrea da película "EL GATO CON BOTAS: EL ÚLTIMO DESEO". 

Esta película de animación gozou de moi boa acollida entre as nenas e nenos e, ademais de botar unhas boas risadas, recordounos que debemos apreciar o que temos para ser felices.

Foi unha xornada chea de emocións que nos serviu para darlle un bo remate a este primeiro trimestre de curso. 

 

 

 

UN MUSEO AO MIÚDO VIII

Por fin chegou o momento de vernos as caras, hoxe día 22 collemos o autobús dirección A Coruña, concretamente ao Museo Belas Artes a coñecer a Laura e a Sara personalmente e ao demais personal. 

Levámoslle moitos bicos con sabor a queixo metidiños nun queixo de Arzúa para que saiban que cando llos mandábamos nos email era certo e moi ricos... a ver que din cando fagan a degustación!

Foi un proxecto anual que implicou moito traballo, moita adicación, moita creatividade, moitos intres especiais e moitas satisfaccións! Rematamos coñecendo un patrimonio nacional, algo que nos pertence. Tamén ensinounos moitos valores que nos fan medrar como persoas e ter a nosa cabeciña ben amoblada.

 

Acollida

 

Visitas

 Talleres

 

VIVIMOS MOITOS INTRES!!

E por último acadamos o diploma que nos acredita como NIVEL EXPERTO/A no Museo cunha entrega como se dunha graduación se tratara!!

Grazas por estes intres Laura e Sara!!

TALLER DE CAMISETAS E EMOCIÓNS EN CAMISETA

O  día que comeza o verán, o penúltimo día de clase e o día anterior a coñecer a Laura e a Sara, as educadoras do museo de Belas Artes fixemos na clase un taller de pintado de camisetas, onde cada peque deseñou, pintou e planchou para fixar as cores a súa camiseta:

 

E tamén fixemos un taller de emocións, as que nos xorden cando pensamos en bos momentos na clase durante este curso, o mellor quenos pasou,o que máis nos gustou:

 Ademais da festa de fin de curso con comida un pouco non moi saudable, pero un día é un día:

 

 

  

CUMPREANOS DE VERÁN 2021

E por última deste curso felicitar dunha maneira rara como foi este ano pero aínda así quero FELICITAR aos e ás peques que cumpriron ou cumpren no verán!!!

Adórovos!!!

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS, 8 de xuño

Como estamos co Medioambiente e saúde no centro como tema troncal, vennos moi ben traballar a importancia dos océanos, celebrar este día mundial e concenciarnos da importancia deste ecosistema na vida do Planeta Terra: temos que coidalo, protexelo, mimalo…a nosa vida depende deles. Os océanos son grandes sumidoiros do CO2 que produce o ser humano.

Sairon fermosos debuxos e fermosas frases que decoran o noso mural de aula:

 

  

Tamén vimos un fermosos vídeo creado por nenos e nenas do ceip de Arzúa fai uns anos:

A sardiña mutante!!!

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, 5 de xuño

Toca celebrar o dia 5 de xuño ao grande!!

Farémolo seguindo as orientacións das Nacións Unidas e empregando o seu lema  para traballar este tema que tanto nos preocupa, o medio ambiente.

Restauración de Ecosistemas: Reimaxina, recrea e restaura

Durante demasiado tempo estivemos explotando e destruíndo os ecosistemas do noso planeta. Cada tres segundos, o mundo perde unha superficie de bosque equivalente a un campo de fútbol e, só no século pasado, destruímos a metade dos nosos humidais. O 50% dos nosos arrecifes de coral xa se perdeu e para 2050, ata o 90% podería desaparecer, aínda que o quecemento global se limite a un aumento de 1,5 ° C.

A perda de ecosistemas está a privar ao mundo de sumidoiros de carbono, como bosques e turbeiras, nun momento no que a humanidade xa non pode permitilo. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso do cambio climático potencialmente catastrófico.

A aparición de COVID-19 tamén demostrou o desastrosas que poden ser as consecuencias da perda do ecosistema. Ao reducir a área de hábitat natural para animais, creamos condicións ideais para que os patóxenos, incluídos os coronavirus, se estendan.

Nós fixemos a nosa aportación traballando todos estes conceptos e tentando atopar solucións, xa que poñendo o noso pequeno gran de area podemos axudar:

 

 

Se destrúes os ecosistemas, destrúeste a ti mesmo!!!

 

Tamén participamos no mural colectivo do centro, facendo a nosa frase e a hora que nos tocou decorar:

 

   

 E máis fixemos entrega dos diplomas enviados polo concurso de medio ambiente no que participamos con EquiArzúa.

 

UN PASEO POLO MIÚDO VII

Isto estase rematando! Sí, sí o curso 2020-2021 e tamén os proxectos levados a cabo!!

Un paseo polo miúdo é un deles e por iso as nosas educadoras do museo de Belas Artes propóñennos a derradeira, Reinterpretar: sendo pintura.

 

 Puxemos todo o interese e coa axuda das nosas familias para adaptar o vestuario quedounos así!!!!

O discurso, Isaac Díaz Pardo

 

 

Xogadores de cartas, Theodoor Rombouts.

 

 

Xuventude, Xulia Minguillón

Esta última está pendente do tempo e nols permita facela fóra!!!! 

Powered by Drupal - Design by artinet