O centro como dinamizador de hábitos de vida saudable

Curso 2022/23

A través desta Modalidade preténdese converter o centro educativo no lugar de promoción da saúde, apoiándonos no Plan Proxecta+, que nos permite desenvolver actividades destinadas a toda a comunidade educativa desde unha perspectiva integradora e globalizada, para facer fronte á sobrealimentación e ao sedentarismo (factores que inflúen no peso corporal das persoas, provocando obesidade, que hoxe en día está a constituir un problema de saúde).

OBXECTIVOS

  • Inculcar hábitos alimenticios saudables.
  • Crear sentido crítico ante a publicidade sobre a alimentación.
  • Desenvolver hábitos de hixiene persoal relacionados coa alimentación e co exercicio físico.
  • Incentivar no alumnado as gañas de probar novos alimentos.
  • Fomentar a adquisición dunha alimentación sá e equilibrada que xunto coa actividade física brinde benestar.
  • Promover un estilo de vida activo, dentro e fóra da escola, ofrecendo novas posibilidades que permitan un ocio saudable.
  • Desenvolver os coñecementos básicos que permitan ao alumnado a confección de dietas equilibradas para previr enfermidades.
  • Promover e apoiar a participación das familias na creación e mantemento de hábitos saudables.
  • Promover a adquisición de coñecementos para que permitan ao alumnado analizar as vantaxes que conleva ter unha alimentación sá.
  • Dotar ao alumnado dos coñecementos axeitados para confeccionar unha dieta equilibrada.
  • Evitar o consumo excesivo de golosinas. 

Blogue Aliméntate ben!

 

ALMORZO SAUDABLE XUÑO

O  15 de xuño os nenos e nenas que están a participar neste contrato-programa desfrutan dun almorzo saudable: pan integral, tomate natural triturado, aceite de oliva, aguacate, ovo cocido, queixo fresco e batido de froitas.

 

 

OBRADOIRO SAÚDE: ECOXESTOS NO DÍA A DÍA

O día 31 de maio, o alumnado de 5 anos, 1º A, 2º A e 2º B participou nun obradoiro de saúde: "Ecoxestos no día a día, como levar unha vida saudable e sostible".

Neste obradoiro reflexionouse acerca das nosas rutinas diarias e buscouse que xestos se poderían mudar nelas para que estas foran máis sostibles. Entre os exemplos que se lles ocorreron aos nenos e nenas, podemos destacar: comer máis verduras, levar a merenda nun taper "sen film" ou abrir a persiana ao erguerse en vez de acender a luz.

Todos estes hábitos teñen unha repercusión positiva, tanto na súa saúde coma no medio.

Finalmente elexiron un "Ecoxesto" de entre todos os que se lles ocorreron, para incorporar no seu día a día desde esta data.

 

A continuación, levouse a cabo un destes novos ecoxestos. Este foi crear o noso propio perfume e a nosa propia pasta de dentes "Zero waste", sen plásticos e 100% biodegradable.

 

As nenas e nenos poideron levar para o seu fogar os seus perfumes e a súa pasta de dentes.

BOCATA SAUDABLE 9 DE XUÑO

O día 9 de xuño levouse a cabo novamente o bocata saudable. Pan integral, conservas do mar (atún, mexilóns e sadiñas), tomate, aceite de oliva, queixo, pavo e, como non, as leitugas do noso invernadoiro. Os pequenos disfrutan moito desta actividade tan rica e saudable!!!

 

 

RECOLLIDA DE NOVAS LEITUGAS PARA OUTRO BOCATA

As leitugas do noso invernadoiro xa medraron para volver a consumilas noutro bocata saudable. O xoves 8 de xuño, os máis pequenos participaron nesta recollida para levar este produto ao comedor do colexio e o persoal de cociña as teña ben limpiñas para o seu consumo o venres 9.

 

 

CREACIÓN DUN XARDÍN ECOLÓXICO NUNHA ZONA DO NOSO PATIO

Varios estudos avalan a que os xardíns escolares promoven estilos de vida saudables, ademáis de ser excelentes aliados didácticos para a aprendizaxe activa e fortalecer o sistema inmunolóxico.

Nesta primavera, no CEIP de Arzúa, creouse un xardín ecolóxico.

Contactamos con Educalecrín e comenzamos este novo proxecto.

Tres persoas foron as encargadas de levar a cabo diferentes tarefas:

- Verónica, encargada das especies vexetais, foi a que elexiu que especies se ían prantar.

- Natalia, encargada da fauna, elexiu que refuxios para fauna e que fauna queremos atraer ao noso terreo.

- Yolanda, decoradora experta en upcycling.

Comenzaron polo estudo do terreo para continuar coa creación dun espazo diferente, ao mesmo tempo que involucraron ao alumnado na creación deste xardín ecolóxico a través de distintos obradoiros:

- Obradoiro relacionado coas especies vexetais do xardín.

Primeiro recibiron unha pequena charla explicativa para identificar as especies plantadas no horto ecolóxico e a razón de por que se escolleron esas especies e se colocaron dunha determinada maneira. Así descubriron que as plantas aromáticas como a lavanda e o tomiño protexerán a outras plantas porque o cheiro que desprenden espanta a certos insectos. Tamén viron as asociacións que se establecen entre certas especies; por exemplo, as fabas vanlle proporcionar nitróxeno ás cebolas e as acelgas que se plantaron ao lado e permitirán que medren antes. 

 

A continuación, dividiuse a clase en varios grupos e comezaron a traballar. Un grupo rotulou en anacos de tella os nomes das plantas do horto, que despois foi poñendo no sitio correspondente; outro foi colocando mazorcas de millo para delimitar a zona de plantación e marcar mellor os camiños entre as plantas e así poder achegarnos a elas sen danalas; o terceiro plantou sementes a carón da parede colocando especies que van protexer o noso horto e o cuarto foi regando as plantas. 

 - Obradoiro relacionado coas especies de fauna do xardín.

A monitora explicoulle aos nenos e nenas que tipo de animais podiamos atopar: reptís, aves, insectos e anfibios. Logo amosoulles unhas guías con fotografías para que puideran identificalos. A continuación, dividiuse a clase en dous grupos; un foi polo patio buscando paxaros e outros animais e o outro rematou de facer a poza dos anfibios que vai servir de refuxio ás ras. 
O primeiro grupo puido identificar pardais, merlos, lavandeiras, lagartos, xoaniñas...
O segundo grupo tivo que carrexar agua e ir colocando diversos materiais para acabar de preparar a poza. 

- Obradoiro de decoración basada na reciclaxe do xardín. 

Primeiro poideron observar con liberdade todo o que estaban a preparar e realizar nesa zona do noso colexio co novo xardín ecolóxico.

Logo, a guía do mesmo, Yolanda "Bosquenauta", ensinoulles como aprender a mirar as cousas que nos rodean con máis detalle, Para iso, fixeron dous grupos. Uns eran os "descubridores" e outros eran os "marenautas".

Os descubridores empregaron un "descubridor" feito con cartón, que lles permitiría observar e prestar máis atención ás cousas da natureza que nos rodeaban.

Os marenautas descubriron cousas do mar como cunchas, buguinas...

Para rematar o taller,  convidounos a construir algo para decorar o xardín empregando materiais de reciclaxe, coa finalidade de que perduraran no tempo.

Debían construir, por equipos, obxectos que se colgarían para que fixeran ruido natural e formaran parte dos adornos deste xardín ecolóxico. Para iso, empregaron unha corda, cunchas, paus, paus de bambú...

Quedaron moi bonitos e aos rapaces e rapazas fíxolles moita ilusión poder participar na decoración deste xardín. 

 

TRABALLO COLABORATIVO PROPOSTO POLOS SÚPERSAUDABLES

"Apender a coidarse" e levar "unha dieta sá" é a iniciativa a levar a cabo, co traballo nas aulas, para despois levalo á nosa biblioteca escolar e que todos e todas poidan gozar dun traballo feito de xeito colaborativo e cooperativo, ademáis de publicitalo a través da páxina web do colexio e compartilo así con toda a comunidade educativa.

Así está sendo este traballo:

 

     

DÍA DO BOCATA SAUDABLE

A nosa cociñeira Cristina puxo a disposición os ingredientes do noso bocata saudable. Que rico estaba!!!

 

RECOLLIDA DE LEITUGAS PARA O BOCATA SAUDABLE

O 23 de marzo, o alumnado de 3º B plantou nos bancais que temos no invernadoiro do colexio, tomateiras e leitugas. Estas plantas trouxéronas o día anterior os nenos e nenas de 1º A e 1º B que visitaron a feira que se celebra en Arzúa. 

Facendo un seguimento das plantacións para ver como medran as leitugas e os tomates, observamos que hai un bancal que ten unhas leitugas enormes.

Os Súpersaudables propuxéronnos facer un bocata saudable no que teñen cabida as nosas leitugas, ademáis de promocionar as conservas do mar.

Fomos recollelas

e levámolas á cociña do comedor para que a nosa cociñeira Cristina as tivera limpiñas para a hora do bocata.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet