CEIP DE ARZÚA

981500291

698146536

ceip.arzua@edu.xunta.gal

orientacion.ceip.arzua@edu.xunta.gal

(Só para xestións co Departamento de Orientación)

Libros de texto 2023-24

 

 

 

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES/EQUIPOS DINAMIZACIÓN

       

 

          

 
 
 

 

XOGARZÚA 2024

Atención familias de Arzúa! 

Xa coñecedes o Programa de Conciliación Xogarzúa 2024? Este ano, o noso programa ven cargado de novidades e actividades educativas que promoven o ecoloxismo, a igualdade e o anticapacitismo. Un espazo onde os vosos fillos e fillas poderán aprender e divertirse mentres garantimos a conciliación familiar.

Este programa non é só un espazo de coidado, é unha experiencia de aprendizaxe integral para as nosas nenas e nenos, deseñado para ser totalmente inclusivo e accesible para todos.

Prazas limitadas. Inscríbete antes do peche da convocatoria.
Máis información: CIM de Arzúa // 981 501 101

Podedes descargar os documentos de inscrición e consultar as bases na nosa web arzua.gal.

Xogarzúa 2024.jpeg

E elas... Onde están? - Visita ao Museo de Belas Artes

Este martes 7 de maio, dende a materia de Ed. Plástica e visual, o alumnado de 5º e 6º visitou o Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer o programa do museo que leva por título " Y ellas... ¿dónde están?", unha exposición na que amosan aos nenos e nenas curiosidades e datos importantes sobre diferentes mulleres que protagonizan os cadros expostos no museo: a vida que levaban as raíñas, as galegas fortes de Sotomayor, o impactante contrato laboral que tiñan que firmar as mestras no século XIX...

E logo, para aproveitar o bo tempo, disfrutamos da comida na praia do Orzán. 

 

 

 

 

PLAN DIRECTOR: CHARLAS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS E ACOSO ESCOLAR

O 19 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e no seu entorno.

Por aquelas datas, foi a quenda das novas tecnoloxías. Óscar centrouse principalmente nos riscos do uso excesivo ou mal uso dos mesmos e, unha vez máis, insistiu nas idades mínimas que por lei os nenos/as deben ter para poder acceder e rexistrarse nas diferentes redes sociais (en España 13/14 anos).

Esta mesma temática foi a empregada na charla dirixida ás familias o 22 de xaneiro, onde os videoxogos e os seus riscos estiveron moi presentes.

No día de hoxe, e co motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, este mesmo alumnado participou noutra charla enmarcada neste Plan.

Nela tratáronse diferentes temas como:

     - Que é o acoso.

     - Tipos de bullying: físico, verbal, psicolóxico e social.

     - Consecuencias.

Coma sempre, Óscar acercounos á realidade do día a día, facendo aos máis pequenos/as conscientes de que as faltas de respecto entre compañeiros/as son como as sementes do acoso escolar.

Tamén fixo fincapé no perigo dos “motes” e invitou ao alumnado a recapacitar e a meditar sobre os seus propios comportamentos.

Semana do libro!

A semana do 22 ao 26 de Abril celebramos a Semana do libro no noso cole! Fixemos un mural relacionado coa temática anual, "Unha ventá aberta ao mundo", que leva por título "Un conto a bordo". Neste mural amosamos as diferentes procedencias de contos e historias moi coñecidos polos nenos e nenas  cun mapa que conecta, mediante fíos, as maletas da orixe dos contos e a súa portada correspondente, decorados por todos os cursos do centro escolar.

 

 

Ademais, as titoras levaron a cabo diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración, como marcapáxinas, decoración para as portas da aula...

  
3 anos A
 
 
5º 
 

 

 

 
 
Tamén na biblioteca os nenos e nenas participaron nos Retos da biblioteca, un xogo de buscar pistas nos libros da biblioteca, nas estanterías ou nas paredes do noso cole, para coñecer un pouco máis os nosos recursos e como nos poden axudar a buscar información sobre un tema de interese. Levaron de agasallo un libro reciclado dos que damos de baixa da biblioteca escolar cada curso. 

 

 

 

                           
 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

E para rematar, o venres os nenos e nenas de 2º e 3º de EP tiveron un obradoiro de poesía con Claudia Castro! 

 

 

 



 

 

 

 

PROGRAMA NAVEGA CON RUMBO

Navega con rumbo é un programa encamiñado a guiar ao alumnado cara unha navegación segura, favorecendo o uso responsable de internet e das redes. 

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de asistir a unha charla deste programa o pasado 29 de abril.

Da man de Kike Agrasar (enxeñeiro de Software e mestre en Formación Profesional en Ciberseguridade) tratáronse aspectos como:

- Que é Internet (a única rede de ordenadores do mundo) e que é un sistema informático (conxunto de hardwares, softwares e persoas).

- A importancia de protexer os equipos electrónicos: información cifrada, contrasinais seguros...

- Consecuencias do uso excesivo das novas tecnoloxías nas persoas máis novas: insomnio, problemas de escritura, de linguaxe...

- A tecnoloxía afecta á bioloxía, ao noso corpo e ao estado de ánimo. Debemos usar as novas tecnoloxías pero con limitacións. Debemos vivir o mundo real para entreternos, non o mundo virtual.

En definitiva, o alumando familiarizouse con novos conceptos relacionados coa navegación segura e todos nos quedamos con un dato ben curioso que descoñeciamos: no 2023, España foi campioa no mundial de hackers!  

OBRADOIRO DE POESÍA CON CLAUDIA CASTRO

Este venres, 26 de abril as alumnas e alumnos de 2º e 3º E.Primaria participaron nun obradoiro de poesía impartido por Claudia Castro, autora do libro de poemas "Galicia, o país das marabillas".

Este é o segundo ano que nos visita a escritora e, unha vez máis, o alumnado quedou encantado co seu taller.

Moitísimas grazas Claudia por compartir esta mañá connosco!!

Estas fotografías corresponden ao obradoiro impartido ás nenas e nenos de 2º EP. 

        

 

       

Ao rematar, leváronse un mural para a súa clase moi fermoso, onde colocaron os collages que elas e eles fixeron durante o obradoiro. 

 

Estas fotografías son do obradoiro de 3º A:

  

Estas fotos son do obradoiro de 3ºB:

  

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil

Para recibir á primavera, este mes de abril na Biblioteca escolar realizamos un taller de estampado con flores en camisetas cos nenos e nenas de Educación Infantil, dentro do programa de Bibliotecas Creativas.

Esmagando flores e follas coa man dun morteiro, tintamos de forma natural a tela, e todo quedou impregnado do aroma das flores! 

Moitas gracias ás mestras de Infantil pola colaboración neste taller! Podedes ver a publicación no blogue da biblioteca, PREME AQUÍ

 

 

 
 
 

 

 

 

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2024-2025

 

 

No taboleiro de anuncios do centro están publicadas as listaxes de admisión para o curso 24-25.

ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO_2024

O alumnado do ciclo de Educación Infantil da EFA Piñeiral estarán contando e lendo contos para os máis cativos na Biblioteca municipal Rosalía de Castro, os días 22,23,24 e 25 de abril (de luns a xoves) de 16:00 a 17:00 h. 

Animádevos a participar nesta actividade!!

Powered by Drupal - Design by artinet