Biblioteca

CEIP DE ARZÚA

981500291

698146536

ceip.arzua@edu.xunta.gal

orientacion.ceip.arzua@edu.xunta.gal

(Só para xestións co Departamento de Orientación)

Libros de texto 2023-24

 

 

 

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES/EQUIPOS DINAMIZACIÓN

       

 

          

 
 
 

 

Semana do libro!

A semana do 22 ao 26 de Abril celebramos a Semana do libro no noso cole! Fixemos un mural relacionado coa temática anual, "Unha ventá aberta ao mundo", que leva por título "Un conto a bordo". Neste mural amosamos as diferentes procedencias de contos e historias moi coñecidos polos nenos e nenas  cun mapa que conecta, mediante fíos, as maletas da orixe dos contos e a súa portada correspondente, decorados por todos os cursos do centro escolar.

 

 

Ademais, as titoras levaron a cabo diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración, como marcapáxinas, decoración para as portas da aula...

  
3 anos A
 
 
5º 
 

 

 

 
 
Tamén na biblioteca os nenos e nenas participaron nos Retos da biblioteca, un xogo de buscar pistas nos libros da biblioteca, nas estanterías ou nas paredes do noso cole, para coñecer un pouco máis os nosos recursos e como nos poden axudar a buscar información sobre un tema de interese. Levaron de agasallo un libro reciclado dos que damos de baixa da biblioteca escolar cada curso. 

 

 

 

                           
 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

E para rematar, o venres os nenos e nenas de 2º e 3º de EP tiveron un obradoiro de poesía con Claudia Castro! 

 

 

 



 

 

 

 

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil

Para recibir á primavera, este mes de abril na Biblioteca escolar realizamos un taller de estampado con flores en camisetas cos nenos e nenas de Educación Infantil, dentro do programa de Bibliotecas Creativas.

Esmagando flores e follas coa man dun morteiro, tintamos de forma natural a tela, e todo quedou impregnado do aroma das flores! 

Moitas gracias ás mestras de Infantil pola colaboración neste taller! Podedes ver a publicación no blogue da biblioteca, PREME AQUÍ

 

 

 
 
 

 

 

 

OBRADOIRO DE BARRO PARA EI - BIBLIOTECA CREATIVA

Coa axuda das mestras de Educación Infantil, que propuxeron este taller para Biblioteca Creativa, o mércores 28 deste mes de febreiro, Aparicio veu ao cole para realizar un taller cos nenos e nenas máis cativos. 

 

 

 

 

 

Todas as aulas de E.I subiron ao salón de actos para facer figuras de barro cos moldes que trouxo Aparicio, para despois aplicar un esmalte e decorar a nosa figura.

 

 
 

 

 
 
 









 








 

 

 

 


 

Obradoiros de xadrez na Biblioteca escolar

 

Para achegar aos nenos e nenas ás innumerables habilidades cognitivas que proporciona o xadrez, este curso escolar introducimos uns obradoiros de xadrez na biblioteca, da man de Fernando Sánchez, para que os diversos grupos aprendan máis sobre este deporte que tanto axuda á estratexia, ao pensamento flexible e a concentración.

Un entroido moi viaxeiro!

Para este entroido 2024, o CEIP de Arzúa realizou un pequeno desfile polas rúas de Arzúa amosando os diferentes disfraces que prepararon os nenos e nenas coa temática dunha ventá aberta ao mundo

Podedes ler a publicación completa no blogue, PREME AQUÍ

 

 
 
 

Día da Educación

Xa temos o mural para o Día da Educación, no que expoñemos un pequeno "dicionario" con verbos e imaxes relacionados con esta conmemoración, lembrando o afortunados e afortunadas que somos por ter acceso á Educación, xa que ten un papel fundamental nas nosas vidas.

Podedes ver o interior do Dicionario mundial da educación que fixemos entre as distintas aulas neste formato revista AQUÍ

 

 

Contacontos de Nadal polo voluntariado da Biblioteca

Este ano de novo contamos coa axuda do voluntariado da Biblioteca escolar para realizar un contacontos coa temática do nadal, neste caso para os nenos e nenas de Educación Infantil.

O conto escollido foi A familia de Basilia, unha historia na que falamos do que é verdadeiramente importante nestas festas: pasar tempo cos amigos e a familia.

 

 a familia de basilia-gracia iglesias-sara sanchez-9788418753336    

  

  

 

Moitas grazas polo voso esforzo! Para finais de curso prepararemos outra divertida historia coa axuda dos voluntarios e voluntarias que non puideron participar neste.

Lecturas recomendadas para o Nadal

Deixámosvos por aquí un tríptico de lecturas recomendadas para ler este Nadal. Non hai nada mellor que pasar o frío coa mantiña e cun libro cheo de aventuras!

PULSA AQUÍ PARA DESCARGAR O PDF

 

Taller de pócemas para #bibliotecascreativas

A semana pasada rematamos os nosos talleres de pócemas decorativas, impartido pola responsable da biblioteca, cos nenos e nenas gañadores do reto dos enigmas do samaín, pero para aqueles e aquelas que tedes ilusión por aprender tamén como fabricar estas pócemas, deixámosvos un sinxelo tutorial do paso a paso no blogue: PULSA AQUÍ

 

Powered by Drupal - Design by artinet