Biblioteca

Enigmas e fotos horripilantes no Samaín 2023

Esta semana festexamos o Samaín no cole. As aulas decoradas, os pasillos con teas de araña, nenos e nenas....e mestras! con disfraces variados... E tamén aproveitamos para retar aos nosos queridos alumnos e alumnas cun concurso de enigmas na Biblioteca, no que os grupos máis rápidos e certeros gañarían unha entrada a un taller sorpresa que realizaremos en novembro na biblioteca escolar. 

Para os máis cativos tiñamos preparado un enigma un pouco máis doado, para logo colorear na ficha a solución da adiviña.

 

 

  

 

Algúns e algunhas de nós tamén quixemos posar diante da nosa parede "Chroma" para ver que montaxes divertidas saerían de aí, queredes ver o resultado?

 

 

 

 

Podedes ver máis fotos no blogue, PULSA AQUÍ

Comezamos!...Traballando por recunchos

Agora que xa somos Biblioteca Creativa, toca preparar, mellorar e estrear os recunchos de aprendizaxes múltiples, onde ofrecemos unha variedade de recursos para explotar a nosa faceta como creadores. 

Fomentar a imaxinación e a creatividade é un obxectivo esencial dunha biblioteca escolar e debemos aproveitar a inspiración que ofrece este espazo para atopar novos retos e aprender coa experimentación. 

 

 
 
  
                      
 

Día das Bibliotecas

 

 

 

No día 24 deste mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e nós aproveitamos para presentar á mascota da biblio - unha ratonciña de biblioteca chamada HISTORIA - e dedicarlle un debuxo : VER NO BLOGUE

 

 

Truco ou trato.....agarda, que inda queda un rato!

Non! Aínda non chegou o Samaín! Pero como ás veces andades algo despistados e despistadas polo cole... temos uns carteis por ahí repartidos que xa vos van anunciando que algo estamos argallando...

 

 

 

 

 

 

Unha ventá aberta ao mundo

 

 

 

Xa temos a temática para este curso 2023/24! O lema é "Unha ventá aberta ao mundo" e o que buscamos é traballar as diferentes culturas, linguas, tradicións e aspectos importantes de diferentes países, para así dar unha volta ao mundo dende a nosa "ventá" que é o centro escolar.

 

Gocemos da nosa viaxe!

A biblioteca abre de novo as súas portas!

 

 

Que ganas tiñamos de recibirvos de novo na biblioteca. Estabamos a preparar os nosos novos recunchos e mobiliario para presentar a nova experiencia que ofrece a biblio, non só para ler e estudar, ou para xogar ao xadrez que vos encanta! Se non para traballar tamén outros aspectos da aprendizaxe por recunchos na "Hora de biblio" organizada polas titoras.

Lee máis no blogue! PREME AQUÍ

Boa sorte, queridas voluntarias e voluntarios

Cunha despedida agridulce despedimos ás nosas voluntarias e voluntarios da biblioteca, alumnas e alumnos de 6º que traballaron con moita ilusión para facer da biblioteca escolar un fogar para os compañeiros e compañeiras do CEIP de Arzúa. Axudando coa organización dos estantes, coas actividades de fomento á lectura, e coa espurga, fixeron posible os grandes avances que presenciou a nosa biblioteca este curso 22/23. Moitísimas grazas polo voso esforzo! E moita sorte na nova etapa da vosa vida.

 

 

 

Tríptico lecturas recomendadas para o verán

Bo día!

Deixámosvos aquí un tríptico en PDF coas lecturas que recomendamos estas vacacións de verán, desde os máis peques ata os últimos cursos de Primaria. Desexámosvos un bo verán e unhas vacacións cheas de literatura e lecer!

 

 

DESCARGA O PDF AQUÍ

Mural coas fotografías do concurso "Dentro das paisaxes"

Xa temos exposto o mural coas fotografías tan preciosas que entregaron os nenos e nenas que participaron no concurso de fotografía. 

A fotografía do gañador queda enmarcada e ao seu lado podemos ver a pintura orixinal na que se inspirou o participante; toda unha paisaxe galega que representa o especial que é o noso fogar.

 

 

Podedes ver todas máis fotografías do mural no blogue, PREME AQUÍ

 

Moitas grazas pola participación, e lembrade que mañá, xoves, no recreo, entregaremos os premios e o detalle a todos os participantes.

 

Resolución do concurso de fotografía "Dentro das paisaxes"

 Bo día!

 

Xa temos a resolución do concurso de fotografía da Biblioteca escolar: "Dentro das paisaxes". A continuación expoñemos os gañadores e gañadoras do primeiro premio e dos segundos premios, que entegaremos na Biblioteca no recreo o Xoves 8 de xuño. 

Precisamos que asistan no recreo todos/as participantes do concurso xa que temos un certificado e un detalle para todos e todas os que vos animastes a participar, grazas polo voso esforzo e creatividade!

 

1º PREMIO:

 Raúl García, 2ºA

 

2ºs PREMIOS:

Sara Villar, 1ºB

Carme Rendo, 5º

Pablo Soutullo, 3ºB

 

A verdade é que foi moi difícil escoller porque quedamos moi sorprendidas coa vosa creatividade! Lembrade, o Xoves 8 tedes que vir TODOS OS PARTICIPANTES na hora do recreo á biblioteca.

Ademais, o mércores quedarán expostas todas as vosas fotografías no mural que hai na zona exterior da biblioteca, o recuncho "chill out", para que todo o centro admire o voso traballo tan fermoso. Subiremos unha fotografía da exposición para que a poidades ver dende as vosas casas tamén.

 

Noraboa!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet