Biblioteca

SESIÓN DE CONTACONTOS

O pasado mércores o alumnado de 2º, 3º, 4ª, 5ª, e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de asistir e participar en sesións de contacontos relacionadas coas lecturas obrigatorias do segundo trimestre.

Este ano non foi posible ter o encontro cos escritores, pero igualmente poidemos gozar dunha sesión moi divertida impartida pola contacontos Vicky.

En cada sesión, a relatora foi contando a historia do libro que os nenos e nenos leran e traballaran previamente. Pero desta vez, fixo partícipes aos cativos e cativas na mesma, xa que se converteron nos aunténticos e auténticas protagonistas de cada historia.

Deste xeito, o alumnnado de 2º de Educación Primaria gozou desta sesión de contancontos na que eles e elas representaron aos personaxes do libro "El papá que se puso toda la ropa" de Allan Ahlberg.

Neste conto nárrase a historia dunha familia moi simpática composta polo señor e a señora Gaskitt, os mellizos Gus e Gloria e o gato Horacio, aos que lles ocorren divertidísimas aventuras.

                         

O alumnado de 3º e 4º participou na sesión de contacontos relacionada co libro de lectura "Un elefante ocupa mucho espacio" de Elsa Bornemann.

Neste caso, este libro está composto por quince contos breves que abordan temas universais: liberdade, amizade, solidariedade, xustiza...

   

E, finalmete, os rapaces e rapazas de 5º e 6º convertéronse nos protagonistas da historia de "Querido hijo: estás despedido" de Jordi Sierra i Fabra.

Pode unha nai despedir ao seu fillo? Pois isto é o que lle sucedeu a Miguel por desordenado, traveso e desobediente. Transcurrido o prazo de trinta días que lle deron, deberá abandonar a súa casa.

  

Foi moi divertido!Risa

 

 

 

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Con motivo da Conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o alumnado colaborador da Biblioteca levou a cabo unha actividade de contacontos para o alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil. O conto seleccionado nesta ocasión foi "Somos amigos?" de Anabel Fernández Rey. Trátase dun fermoso álbum ilustrado que nos presenta a dous amigos moi diferentes pero moi ben compenetrados: un neno e un oso polar; que descobren que a amizade é pura xenerosidade, así o oso axuda ao neno a peitearse, a montar en bici, incluso a comer verduras; e vese correspondido polo neno que axuda ao oso a asearse, a sacar unha espiña da pata, ata comparte con el a súa comida. Un conto que fomenta os valores da Paz: a amizade, o respecto pola diversidade, o diálogo, a empatía... Valores que desexamos que as nosas nenas e nenos descubran e interioricen para que vivan felices e en harmonía consigo mesmos e cos demais.

 

 

 

Finalizada a dramatización do conto, maiores e pequenos profundizaron no mesmo e  reflexionaron  sobre as ensinanzas que transmite: amizade, xenerosidade, respecto, axuda...

 

Para rematar, cantaron xuntos "Hola amigo, juega conmigo", unha divertida canción que promove múltiples maneiras de amosar afecto e cariño polos amigos e amigas.

 

En agradecemento, o alumnado de Educación Infantil obsequiounos cuns fermosos debuxos sobre o conto representado.

 

Esta actividade levouse a cabo en escrupuloso cumprimento das normas de hixiene e prevención que a situación pola COVID-19 esixe.

 

Foi unha experiencia enriquecedora e satisfactoria tanto para os maiores como para os máis pequenos.

Grazas a todas e a todos por facela posible e lembremos que a Paz é un reto para alcanzar en todos os ámbitos: escola, familia, amigos...

Defendamos e traballemos polo dereito a vivir nun ambiente de Paz. 

O CÓMIC, UNHA MANEIRA DIVERTIDA DE CREAR HISTORIAS

Ano novo, contidos e obxectivos novos!!

 

Empezamos coa elaboración de CÓMICS, un tipo de texto moi creativo  e interactivo que conxuga a escritura co debuxo. 

Un cómic debe constar de dous elementos claros:

  • Viñetas
  • Bocadillos, que poden ser de catro tipos:

                 falar                            narrar                            pensar                           onomatopeias

 

Para iso deseñamos uns e unhas protagonistas moi especiais, ARBOLÍN doutor ou doutora, heroe ou heroína.

                 

Estes e outros máis!!!!

Para crear uns fantásticos CÓMICS onde fan de protagonistas das súas historias:

OS BIBLIOAXUDANTES CÓNTANLLE UN CONTO AO ALUMNADO DE 5 ANOS

Un curso máis o CEIP de Arzúa participa no Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias nas modalidades de: Colaboración coa biblioteca escolar e Ler con... D (é dicir, de lecturas compartidas dentro do centro). Este curso contamos cun grupo de 10 colaboradores e colaboradoras de 5º de E.P. que o venres 18 de decembro se estrearon no seu labor compartindo unha lectura co alumnado de 5 Anos A e B. O libro escollido foi "Monstro Rosa", de Olga de Dios. Trátase dun album infantil que nos fala da diversidade, de respectar a identidade de todas as persoas por moi diferentes que sexan, e tamén da importancia de crear unha sociedade onde todos teñamos cabida. Este conto reforza o valor de crer en nós mesmos e de respectar a nosa identidade aínda que esta choque coa do conxunto da sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

Despois de contarlles o conto, os biblioaxudantes e os nenos e nenas de 5 Anos reflexionaron sobre a historia, as personaxes e as ensinanzas que se poden extraer do mesmo; e remataron cantando a canción de "Monstro Rosa", un canto á diversidade, ao diferente, a encaixar e facer amigos onde cada un sinta que é o seu mundo e poida ser el mesmo.

 

 

 

Na realización desta actividade adoptáronse todas as medidas de protección e hixiene que a situación de crise sanitaria, pola COVID-19, require.

Para finalizar, dar as grazas ao alumnado de 5 Anos A e B e aos voluntarios e voluntarias, por regalarnos momentos tan fermosos e mensaxes tan esperanzadoras.

Grazas e Boas Festas!

 

POSTAL DE NADAL E TRÍPTICO DE LECTURAS RECOMENDADAS

O CEIP de Arzúa quere felicitarvos o Nadal "agasallándovos co seu mellor sorriso", que é a proposta do alumnado de 3ºA para a celebración das vindeiras festas.

Os equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca sumámonos á mesma, e engadímoslle unha interesante selección de libros para que tamén poidades celebrar o Nadal, cun bo libro nas mans. Lembrade que en tempos de pandemia, nos que se ve mermada a nosa actividade social, os libros son excelentes compañeiros que nos axudan a combater o aburrimento.

   PREME AQUÍ

 

Bo Nadal e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias. 

QUE PAISAXES QUEREMOS?

Esta semana tivemos unhas xornadas de concienciación sobre o coidado das nosas paisaxes. Debatimos sobre o que queremos para o noso planeta, para as nosas paisaxes, para nós mesmos: se a nosa contorna está en bo estado nós tamén!!

Por iso nesta proposta de actividade quremos deixar plasmado a difrencia dun planeta SAN e un planeta ENFERMO  en termos de contaminación:

 

 

 

BIBLIOTECAS, LUGARES MÁXICOS

A lectura xoga un papel clave no desenrolo do neno e da nena, por iso é importante que xa dende pequenos medren en contacto cos libros. Isto sábeo ben o noso alumnado e as súas familias, que contan nos seus fogares cuns recunchos de lectura marabillosos os cales favorecen o seu hábito de lectura, estimulan a súa imaxinación e tamén enriquecen o seu vocabulario. Estas bibliotecas particulares están entre as favoritas dos nosos nenos e nenas.

 

Preto das nosas casas temos á nosa disposición uns lugares fantásticos que son as bibliotecas públicas, espazos para coñecemento e o lecer. Algúns dos nosos alumnos e alumnas enviáronnos imaxes da Biblioteca Rosalía de Castro de Arzúa como un dos seus lugares máxicos.

 

A Biblioteca escolar tamén é un lugar ideal para incentivar a práctica da lectura e o amor polos libros.

 

Os máis maiores do cole puxeron en marcha a súa capacidade investigadora e a súa alma soñadora, polo que compartiron con nos as Bibliotecas do mundo que lles pareceron máis interesantes e bonitas non só pola grande cantidade de libros que posúen, senón tamén pola súa arquitectura, a súa decoración, a súa antigüidade... ou como no caso da libraría Lello de Oporto, por ser inspiradora de historias de ficción, xa que neste caso concreto crese que puido inspirar á escritora J.K. Rowling para a súa saga sobre Harry Potter.

 

Aquí vos deixamos un video sobre as bibliotecas preferidas polo alumnado do CEIP de Arzúa, uns lugares máxicos que os fan moi felices e que queren compartir con todas e todos.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

DIA DAS BIBLIOTECAS

O  24 de Outubro celébrase o día das bibliotecas : espacios únicos e relaxantes que seguro que todos , máis grande ou máis pequeno temos no noso fogar. Lugares acolledores que nos ofrecen a posibilidade de soñar e descansar á vez que imaxinamos e aprendemos.

Asi de relaxados estamos e así son as  bibliotecas do alumnado de 3 anos!

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de "Amigos del Libro Infantil y Juvenil" á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

 

As bibliotecas escolares, polas que pasan todas as nenas e nenos, son as primeiras bibliotecas que lles ensinan tamén, a usar outras, e as que os poñen en contacto con eses outros espazos do coñecemento e de lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, lugares marabillosos que están sempre ao noso carón.

 

As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio.

 

Neste espazo virtual da biblioteca do CEIP de Arzúa, imos conmemorar esta celebración do mellor xeito que se nos ocorreu, contando un conto que ten moito que ver con este marabilloso lugar: a biblioteca. Esta historia leva por título: "Edmundo, ladrón de segundos", e váinola narrar a nosa contadora de contos favorita, Erica González. Agardamos que vos guste. Feliz Día das Bibliotecas. 

 

 

 

 

AGRADECEMENTO ÁS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

CLICK NA IMAXE PARA LER O AGRADECEMENTO

 

Powered by Drupal - Design by artinet