Educación Física

CESTA PREMIADA!!!!!

O venres 17 de febreiro sorteamos a cesta do entroido e o NÚMERO PREMIADO foi o 0574.

Puxémonos en contacto coa persoa agraciada que se presentou no Centro co boleto premiado para recoller a cesta.

NORABOA!!!!!

CESTA DO ENTROIDO!!!!!

Xa chegou o ENTROIDO!!!!!... e cada vez estamos máis preto da nosa viaxe á neve....

Traballamos con ilusión e entusiasmo para abaratar o custo desta actividade deportiva, por iso decidimos sortear unha cesta con productos do entroido.

Dende aquí, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria do Ceip de Arzúa, queremos agradecer a todas aquelas persoas, que dun xeito ou outro, apoiaron a nosa iniciativa e participaron nela.

Lembrade que mañá VENRES 17 DE FEBREIRO, sortearemos a CESTA DO ENTROIDO.

 Moitas GRACIASSSSS a todos/as por participar e.... MOITA SORTE!!!!

 

A BAILARRRR...!!!

Marela está moiii contenta porque xa queda pouquiño para volver a vernos asi que... Quere empezar a semana con ritmo, con MOIIITO RITMO!!!

Deixounos unha sesión de ZUMBA porque estivo investigando e descubriu que a zumba ten moitos beneficios para o noso corpo e para a nosa mente.

Sabíades que ao bailar zumba tonificamos os nosos músculos e adquirimos hábitos saudables...?  

QUEN SE APUNTA...???  

Descubre os hábitos saudables que nos axudan a coidar o noso corpo pinchando na ficha que nos deixou Marela!!

https://es.liveworksheets.com/ar1494111pl

PREPARADOS, LISTOS...!!!

Arribaaaaa.....Hoxe Marela levantouse con moita gana de mover o corpo, e como ademais quere practicar inglés, apuntouse a unha clase de physical education.                             

  READY,STEADY, GO...!!!

ANIMOOOOO, ÍDELO FACER MOOOI BEN...!!! 

Fixádevos... entre exercicio e exercicio temos que descansar!!

Descubre o que podemos facer co noso corpo na ficha que nos deixou Marela!!

https://es.liveworksheets.com/ue1315190oj

MOVEMOS O CORPO!!!

 

 Ola meus marabillosos e marabillosas deportistas de 2ºA e 2ºB!!

Acábame de dicir Marela, a nosa mascota de Educación Física, que esta semana queda na casa con vós.Tamén me dixo que é moi importante que sigamos facendo actividade física para coidar o noso corpo.   

Mirade o que nos deixou para empezar a semana ...

                 EU TEÑO UN CORPO...!!!

Queredes mover máis o corpo? Tedes outro vídeo na entrada do martes 18 de xaneiro.

 Comproba o que coñeces do teu corpo nesta ficha que nos deixou Marela!!!. Podedes enviala ao correo maritaefisica@gmail.com

 
 

IOGA...O SALUDO AO SOL!!!

 Despois de mover todo o noso corpo, Marela recoméndanos unha sesión de IOGA para unir o corpo, a respiración e a mente.

Deixounos un vídeo para aprender diferentes posturas e poder desconectar e recargar enerxía.

APÚNTATE E RELÁXATEEEE...!!!

OMMMMMMM...

COÑECEMOS O NOSO CORPO!!!

Ola a todos e a todas os/as deportistas de 1ºA!!! 

Esta semana Marela, a nosa mascota de Educación Física, tamén se queda na casa, pero sabe que durante este tempo é importante que sigamos coidando o noso corpo  e...                                                   

Mirade... mirade o que nos deixou!!

A BAILARRRRRRR!!!


Comproba o que coñeces do teu corpo con esta ficha que nos deixou Marela!!

https://es.liveworksheets.com/ke1291632ch

 

ÚLTIMO RETOOOO.... GOALBALL!!

Esta semana para rematar as nosas Miniolimpíadas tócanos participar na modalidade de GOALBALL!!

Peroooo... que é o GOALBALL?? É un deporte paraolímpico no que participan persoas con diversidade funcional sensorial derivada da cegueira. Baséase no sentido auditivo para interceptar ou lanzar a pelota que leva cascabeis no seu interior. O seu obxectivo é lanzar o balón coa man e introducilo na portería do equipo contrario.

Antes de finalizar estas competicións, Marela quere agradecer todo o voso ESFORZO,DEPORTIVIDADE e o voso ESPÍRITU DE SUPERACIÓN. Está moi contenta pola participación e o traballo en equipo que fixéstedes todos e todas os/as deportistas do Ceip de Arzúa cada vez que enviábades o voso reto superado, loitando así todos xuntos e xuntas pero dende a distancia, polo voso equipo. NORABOAAAA!!!

Precisamos facer unha portería de 6 metros, e un anteface para vendar os ollos. Marela xa está preparada co seu anteface e vós??

PREPARADOS E PREPARADAS, LISTOS E LISTAS ..... A XOGAR!!!

 

Lembrade: unha vez superado o reto debédelo enviar ao correo maritaefisica@gmail.com. 

PARTIDA DE XADREZ...!!!!

Marela deixounos un corto dunha partida de xadrez onde un avoíño xoga contra se mesmo, o seu lado bo contra o seu lado malo, facéndose incluso trampas para gañar. Esta produción gañou o ÓSCAR ao Mellor Corto Animado de 1997.

ATENTOS E ATENTAS AO RETO 8.....!!!

Powered by Drupal - Design by artinet