Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

DÍA DE EUROPA no 2º nivel de EP

O Día de Europa celébrase cada 9 de maio. Neste día celebramos a paz e a unidade en Europa. Nesta data cúmprese o aniversario da coñecida Declaración Schuman, na que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o inicio do que hoxe é a Unión Europea.

  

            

VISITA Á GALMESÁN, 7 de maio

Dentro do curriculo do 2º nivel estamos inmersos nun proxecto que afonda no sector secundario da vila, a súa industria.

Toca experimentar, nunha primeira actividade, coa industria máis preto de nós, a queixería GALMESÁN:

         

Canta información nos deu Carmela, a gerente de Galmesán. Moita e moi interesante, por exemplo que fan falta 200 litros de leite para facer un queixo destes de 12 kg, que os queixos florecen, o ritual a seguir para facer 42 queixos, os mimos que hai que darlle...ata chegar a distribución e empaquetado para que nós poidamos saborear.

Grazas polo agasallo que levamos para facer unha boa e apetitosa merenda, queixo GALMESÁN.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR en 2ºB, 2 de maio

O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso ou Bullying, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar en nenos e nenas e mozos e mozas de todo o mundo, así como buscar mecanismos para evitar este mal, que hoxe se converteu nun terrible perigo para todos e todas. Hoxe en día, o ciberacoso está á orde do día. 

Temos que tentar previr  e educar no respecto e no amor a nós mesmos e aos demais: todos e todas merecemos ser felices e sorrir compartindo momentos agradables, tratando de axudar aos e ás que, pola causa que sexa, non o  fan ou non viven ben.

Na nosa clase estivemos vendo unhas curtas sobre esta temática, onde logo falamos sobre o que observamos, o que nos queren dicir, como temos que actuar, como podemos axudar...todos podemos facer algo para que esta data non se teña que visualizar poñendo unha data soamente. E como remate elaboramos uns carteis para expoñer na clase nun lugar moi visible:

 Fai que sexa 2 de maio todos os días do ano é o noso lema!

Plantea unha reflexión sobre o acoso escolar desde o punto de vista de quen o observa, pero non decide actuar. Neste caso, a testemuña dos malos tratos cometidos por un neno cara ao resto dos seus compañeiros é unha especie de monstro "perdido" feito cos desperdicios de xoguetes, teas e outras cousas, que vive nunha caixa no patio do colexio da escola. Chámase Lou e, lonxe de quedar parado, decide intervir e levar a cabo un plan para darlle ao matón unha valiosa lección. A historia, que naceu inicialmente para acompañar nas salas a película 'Cars 3', foi nomeada ao Oscar á mellor curtametraxe de animación.

Esta curta promove a reflexión sobre as consecuencias do acoso escolar e insta aos nenos a actuar cando se atopan nunha situación de violencia. Para iso, a historia ten como protagonistas unha pedra, un papel e unha tesoira; personaxes que son acosados ​​por diferentes matóns por igual. Todo cambia cando un día collen coraxe e deciden axudarse mutuamente para enfrontalos. Deste xeito, tamén se transmite o valor da amizade e a súa capacidade para afrontar situacións de acoso escolar.

Un ourizo sofre acoso escolar por parte dos seus compañeiros e sente unha inmensa soidade que o fai vulnerable na escola. Intenta encaixar, xogar cos seus compañeiros e ser un da clase, pero as súas plumas fano diferente do resto. Finalmente, por Nadal, os alumnos e alumnas da súa clase decátanse dos erros que cometen e deciden regalarlle algodón para que os cubra, para que poidan xogar con el e que se sinta un máis. Unha curta que axuda aos menores a entender que todas as persoas son diferentes e únicas e, non por iso, peores ou mellores.

 

DÍA DA NAI en 2ºB, 5 de maio

Chegou o 5 de maio e con esta data queremos dar protagonismo a unha figura moi importante nas nosas vidas, a Nai ou persona importante feminina nas nosas vidas, dada a diversidade de familias coas que nos podemos atopar.

Co lema NAI DO PAÍS queremos adicar unha actividade para pór de manifesto onde estamos, onde vivimos, onde medramos, onde aprendemos e onde temos un modelo a seguie e que grazas a esa NAI estamos loitando por ser mellores e medrando nun pais onde debe primar a igualdade en todos os aspectos.

Mímanos, ámanos, quérenos, cóidanos, déixanos liberdade para tomar decisións e para cometer acertos ou erros, que de todo se aprende...sen deixar de ser do PAÍS ou filla adoptiva nalgún caso.

 

E como é costume ímosvos mostar unha parte do agasallo desta data tan importante para nós, xa que o resto é algo moi íntimo e só para a familia de cadaquén:

                 

As nosas nais do país!

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Seguimos co aproveitamento dos productos obtidos nas nosas sementeiras para facer ARTE, aproveitándoos ata o máximo para darlle cor as nosas creacións. 

Como foi no caso da remolacha ou rabanitos, que despois de cocelas soltan un zume dunha cor moi fermosa:  

      

Na outra metada da clase preparamos o bancal da clase para unha nova sementeira, esta vez patacas e tomates cherry.                                                                       

Preparamos a terra, limpiamos de pequenas pedras, osixenámola, regámola e recheamos o bancal con terra nova:

 

Para facelo correctamente é necesario cortar pezas que conteñan polo menos 3 ollos ou xemas e facelo entre 4 e 5 días antes da plantación.

 

 Co resto da pataca fixemos selos ou cuños con formas xeomátricas: 

  

E procedemos a plantar:

        

 

OS MAIOS en 2ºB

IMOS DE MAIOS

Os maios é o nome dunha festa popular galega que forma parte do chamado ciclo do maio, un tempo de exaltación da natureza a comezos da primavera, cuxa orixe remóntase ás civilizacións prerromanas. Adoita celebrarse arredor do 1 de maio.

É unha tradición arraigada na cultura galega e caracterízase pola construción de figuras con elementos naturais como pólas ou flores, coñecidas como maios.

      

Na clase cantamos unha cantiga típica desta celebración, partimos dunha poesía que musicamos e cantamos. Lemos contos e poemas relacionados con esta temática e logo atrevémonos a crear os nosos propios. Decoramos os nosos propios MAIOS con flores, laranxas e ovos, recubrindo con buxos e outras herbas, como podedes ver nas imaxes. Familiarizámonos co vocabulario desta festa, tan arraigada en moitas cidades galegas, as cantigas, os decorados, as vestimentas, os adornos...todo moi relacionado coa primavera e as flores. 

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil

Para recibir á primavera, este mes de abril na Biblioteca escolar realizamos un taller de estampado con flores en camisetas cos nenos e nenas de Educación Infantil, dentro do programa de Bibliotecas Creativas.

Esmagando flores e follas coa man dun morteiro, tintamos de forma natural a tela, e todo quedou impregnado do aroma das flores! 

Moitas gracias ás mestras de Infantil pola colaboración neste taller! Podedes ver a publicación no blogue da biblioteca, PREME AQUÍ

 

 

 
 
 

 

 

 

GALICIA, PAÍS DAS MARABILLAS de Claudia Castro en 2ºEP

Despois de ler e traballar co libro de poemas desta escritora titulado GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS, o venres 26 tivemos o obradoiro na biblioteca do centro guiado pola mesma Claudia Castro.

Galicia, O país Das Marabillas: 230 (Árbore)

         

Despois de ler, de interpretar, de crear...fixemos este mural fermoso co noso traballo colaborativo do 2º nivel de EP:

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

Agora, xa na recta final do curso, no 3º trimestre, toca empregar e crear cos produtos sementados e cultivados comida saudable a arte.

  • Comida saudable coa procura de receitas que leven os produtos que sementamos. Investigamos e procuramos na internet diferentes comidas sans e saudables para unha axeitada alimentación:

    

Os ingredientes dos que dispoñemos son:

   

  • Arte, traballos plásticos feitos con estes alimentos obtidos para tintar, estampar... ademais da observación directa da Natureza para crear obras artísticas propias da estación na que nos atopamos:

   

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR en 2ºB, 23 de abril

Como todos os anos dámonos un respiro e desfrutamos desta data, 23 de abril, para levar a cabo unhas creacións multimedia para coñecer un pouco máis desta conmemoración e dos personaxes que a marcan como Willian Shakespeare e Miguel de Cervantes Saavedra:

 

E como non hai mellor que meterse dentro da súa pel...

                 

Powered by Drupal - Design by artinet