Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

DIA 21 DE MARZO, MOITO QUE CELEBRAR en 2º B

O 21 de marzo coinciden moitas conmemoracións que traballar na aula:

  • Día da Primavera
  • Día da Poesía
  • Día da Creatividade
  • Día dos Bosques

que en 2º B levamos a cabo durante ese día con diferentes propostas como:

  • Deseño de roupa para uns modelos moi especiais e esixentes, Hugo e Susana.

                    

  • Deseño personalizado das carpetas do segundo trimestre con motivos da Pascua e a Primavera:

   

  • Creación de LYMERICKS, CALIGRAMAS, ACRÓSTICOS, VERSOS LIBRES...despois de ver un vídeo que fala da poesía , que hai que lela en voz alta e deixarse levar polas emocións que nos transmite...e como non CREALAS! Para iso vimos un vídeo moi interesante para saber as características de cada tipo:

 

            

  • A árbore poética onde as súas follas están cheas de emocións, sentimentos, ritmos, fermosas palabras que riman ou non...que fan que ao escoitalas, movidas polo vento, sintamos que bonito é SER POETA ou POETISA.

Saída ao MUNCYT do 1º ciclo de EP, 20 de marzo

Todo o primeiro ciclo visitamos un dos museos de A Coruña, esta vez adicado a Ciencia e a Tecnoloxía, o MUNCYT.


Foi moi interesante!

Nada mais entrar unha avioneta colgada no teito!

Pero dentro agardábannos moitas mais sorpresas: Un Jumbo de 4 pisos, o Lope de Vega, un coche antigo, o 600, unha parede chea de cientificos e científicas inventores onde quedan espazos baleiros para se algún ou algunha de nós nos atrevemos a inventar...estariamos moito tempo contando o que alí vimos...

   

GRUPO 1 con Berta                                                                                       Grupo 2

          

 Pero o que mais nos gustou foi a exposición temporal O LABERINTO DO CEREBRO.

Un espazo interactivo con diferentes estacións de traballo para pór en marcha o noso cerebro.

           

E por último participamos nun obradoiro sobre  figura de JORGE PETEIRO un pintor escultor coruñés, onde unha vidriera dun cadro del adorna o salón de actos do MUNCYT. Fixemos puzzles, as 8 diferenzas, colorear... unha actividade que nos gustou moito.

 

O ALUMNADO DE 4º EP VISITA O MUSEO DO POBO GALEGO E O CASCO ANTIGO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este mércores, 20 de marzo, o alumnado de 4º EP visitou o Museo do Pobo Galego.

 

 

Despois de escoitar as indicacións da nosa guía, repartímonos en seis grupos e, mediante un xogo de pistas, fomos percorrendo as distintas salas do Museo para buscar a resposta ás preguntas que aparecían no formulario que se nos entregou. Logo de facer a busca, reunímonos no punto de encontro e fixemos unha posta en común.

  

 

Máis tarde, achegámonos ata a escaleira helicoidal deseñada por Domingo de Andrade e puidemos admirar a súa beleza. Comprobamos que moita xente quere vela porque é unha escaleira que conta cuns trescentos anos de antigüidade e que sorprende polas súas tres ramplas entrelazadas.

 

Ao rematar a nosa visita ao Museo, entramos na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval para visitar o Panteón de Galegos Ilustres. Alí fixémonos unhas fotos diante do sepulcro de Rosalía de Castro e do sepulcro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e puidemos comprobar que hai máis persoeiros destacados de Galicia alí enterrados. 

  

Cando saímos do Museo, fixemos un percorrido polo casco antigo de Santiago e desfrutamos observando as gárgolas que coroan o alto de moitos edificios antigos da cidade, como o Hostal dos Reis Católicos ou a Igrexa de San Martiño Pinario, entre outros.

 

Foi unha mañá que nos cundiu moito e na que aprendemos unha morea de cousas novas. 

DÍA DO PAI en 2ºB, 19 de marzo

Chegou este día, o 19 de marzo, no que damos protagonismo a unha figura moi importante nas nosas vidas, Pai ou persona importante masculina nas nosas vidas, dada a diversidade de familias coas que nos podemos atopar.

Co lema PAI DO PAÍS queremos adicar unha actividade para pór de manifesto onde estamos, onde vivimos, onde medramos, onde aprendemos e onde temos un modelo a seguir e que grazas a ese PAI estamos loitando por ser mellores e medrando nun pais onde prima a igualdade en todos os sentidos.

Mímanos, ámanos, quérenos , cóidanos, respéctanos, déixanos en liberdade para cometer erros, xa que deles tamén se aprende e tomar decisións por nós mesmos/as... sen deixar de ser do PAÍS ou fillo adoptivo como nalgún caso!

Parte da nosa homenaxe, xa que a outra parte só vai para eles, é esta repesentación feita con todo o noso corazón:

                  

Os nosos pais do país!!!!!

DÍA INTERNACIONAL DA ACCIÓN POLOS RÍOS en 2ºB, 14 de marzo

O 14 de marzo celébrase o Día Internacional de Acción dos Ríos coa intención de coidar e protexer unha das principais fontes de auga limpa de todo o planeta, así como concienciar á poboación para o coidado e protección deste valioso recurso. natural esencial para a vida.

Os ríos son moi importantes xa que son correntes de auga doce que nacen como consecuencia da choiva, as fontes, a neve e o xeo. Están espallados por todo o planeta, sendo o río Amazonas o máis longo do mundo. A súa orixe pode darse a través dun manancial, un lago ou polo derretemento dun glaciar.

No seu interior vive unha diversidade de fauna e flora de gran valor. Tamén podes atopar moitos minerais que contribúen ao equilibrio perfecto destes ecosistemas.

Na clase de 2ºB elaboramos un esquema coas accións mais importantes para levar a cabo para coidar este elemento tan importante da natureza:

       

   

 

 

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA, 15 de marzo

A merca e a lectura do libro titulado A FÁBRICA DE BICOS fixo que a escritora do mesmo se achegara ao centro, María Canosa. Foi unha xornada moi interesante onde reconstruimos a historia partindo da falta de memoria da propia escritora. 

Este libro, segundo a escritora, parte da idea da súa filla Mariña a que non lle gustan os bicos. 

Tamén comentou que a idea de que sexa unha porquiña a protagonista non ten nada que ver, xa que o ilustrador, Dani Padrón, cando se lle encargou o traballo, dixo que non podía ser outra que unha porquiña, con esos beizos preparados para saír e lanzar bicos.

 

 

Adicounos os libros preguntándonos cales son os bicos que mais nos gustan...cantos sabores diferentes!

 

O alumnado de 2ºB coa escritora

PROXECTO COMPETENCIAL DE 2º NIVEL DE EP

E seguimos coa sementeira para obter plantas diferentes... Hoxe tocou remolacha, cebolo, leituga e acelgas.

        

Agora toca esperar e coidar día a día as nosas sementes!

 

DÍA DAS MATEMÁTICAS E DIA DO NÚMERO PI en 2ºB o 14 de marzo

O 14 de marzo conmemórase o DÍA DAS MATEMÁTICAS e DO NÚMERO PI, polo que na nosa clase de 2ºB decidimos organizar algo xa que as mates é unha das asignaturas preferidas: brílannos os ollos!!!

O Día do número PI, ese número constante 3,14 que forma parte de todo o redondo que podemos ver nas nosas vidas, celebrámolo co visionado dun video informativo e logo decoramos con creatividade ese símbolo matemático:

  

O tema para 2024 do Día das Matemáticas é: "Xogando coas matemáticas".

A organización proponnos celebrar esta data con xogos matemáticos e outras actividades lúdicas pero tamén "xogar" coas propias matemáticas, explorar, experimentar e descubrir.

            

VIAXAMOS CON GOOGLE EARTH en 2ºB

A partir de agora todos os martes empezamos a traballar con ordenadores portátiles na aula...toda unha aventura!

  

Foi este martes un primeiro contacto: acendido, apagado, programas...e ademais viaxamos a diferentes lugares de Planeta coa aplicación GOOGLE EARTH. 

Encantounos!

Viaxar mediante esta aplicación permiteunos ir a moitos sitios que investigaramos no proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO.

Tamén aproveitamos para investigar sobre Jorge Peteiro, pintor escultor coruñés no que imos traballar na saída do 20 de marzo ao MUNCYT.

TAZAS AGRUPADAS QUE XUNTAS FAN UN 8M MARABILLOSO en 2ºB

Cando nos xuntamos acompañados e acompañadas dunha boa taza de chocolate, bebida que nos encanta e sobre todo con churros, podemos (en equipo) acadar os nosos soños e sobre todo a enerxía para loitar pola IGUALDADE.

ÚNETE A NÓS!

           

Powered by Drupal - Design by artinet